Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
CASTROS E MEGÁLITOS NO PÁRAMO DE CONAN DOYLE - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CASTROS E MEGÁLITOS NO PÁRAMO DE CONAN DOYLE
Na miña biblioteca teño a don Arthur en castelán, concretamente El sabueso de los Baskerville, mais práceme salientar que un bo número de obras do médico escocés encóntranse traducidas á lingua de noso.
É o meu exemplar un dos títulos da colección Biblioteca Juvenil do desaparecido selo barcelonés Ediciones Orbis; publicado en 1988 baixo tradución de Amando Lázaro Ros (1886-1962), un histórico tradutor navarro ao que pouco lle faltou para ser fusilado tras a Guerra Civil por causa da súa ideoloxía.
Non me resultou satisfactoria esta tradución que por veces semella feita á présa, ou cando menos sen o coidado exixido á hora de espir unha obra para vestila cun disfrace alleo.
The hound of the Baskerville comezou a se publicar por entregas en The Strand Magazine no ano 1901, época na que Conan Doyle andaba a voltas coa eliminación de Sherlock Holmes, personaxe que hoxe moitos confunden co autor.
Quen se enseñora da narración na obra que nos ocupa é Watson, síntoma de que don Arthur andaba a experimentar cunha posíbel morte doce do seu álter ego literario.
As descricións do arquipresente páramo reflectido na trama poden evocarnos, por exemplo, as paisaxes do Xistral; nomeadamente cando lemos fragmentos do seguinte teor (permítaseme unha tradución libertina):
?A totalidade da escarpada aba achábase cuberta de espazos circulares, cercados de pedras grises. Había, polo menos, unha vintena.
-Que son? Curros quizais?
-Non; son as moradas dos nosos dignos antepasados. (?) Iso que vemos son as súas casoupas, das que desapareceron os teitos. (?)
-Mais iso é un verdadeiro poboado. En que data estivo habitado?
-Trátase do home neolítico. Non hai datas.?

Estamos diante dunha novela ben construída, baseada nunha lenda local, polo que asistimos á introdución da materia fantástica no consabido xénero noir cultivado por Arthur Conan Doyle.
Recomendábel, sobre todo, polo entretemento que proporciona, así como polas referencias a unha arqueoloxía que nos resultará familiar; non esquezamos que nas terras de Dartmoor (coñecidas polos seus ponis bravos -animais que nesta tradución son denominados ?caballitos?-) é evidente a pegada desas culturas atlánticas denominadas habitualmente célticas. Coido que estamos diante dunha novela que debeu supor o mellor reclamo turístico para o condado de Devon.
Por certo? Cara ao final da novela, veume á memoria Mazurca para dos muertos; non sei se é casualidade mais existe algunha analoxía na resolución.

Imaxe: Ilustración de Sidney Paget para The Strand Magazine, 1901.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2016 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0