Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
VARGAS LLOSA, EL SUEÑO DEL CELTA E A INDEPENDENCIA - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VARGAS LLOSA, EL SUEÑO DEL CELTA E A INDEPENDENCIA
Rematei de ler El sueño del celta; unha crónica de horrores perpetrados por colonizadores do século XX que non debe deixarnos indiferentes, e no que ademais, se somos quen de ler entre liñas, acharemos os responsábeis de que no Terceiro Mundo actual se fragüen preocupantes ameazas contra o Primeiro.
O feito de tratarse dunha novela con ánima de crónica réstalle capacidade ficcional, e don Mario reduciu ao máximo a manobra neste texto de importantes dimensións, grazas ao que coñeceremos a andaina vital, ideolóxica, laboral ou persoal do irlandés Roger Casement.
Asistiremos a unha metamorfose capital no pensamento do protagonista, home que chegou a ostentar altos cargos no Imperio Británico e rematou máis tarde sendo un afervoado partidario da independencia irlandesa. Unha mudanza que o autor presenta na obra coma unha consecuencia natural após do visto e vivido.
Hoxe, Vargas Llosa é español e peruano; curiosamente, o protagonista do texto que nos ocupa navega atormentado entre dúas nacionalidades, a que ama e a que lle dá de comer; curiosamente, contraditorias.
Prefiro o Vargas Llosa de Pantaleón y las visitadoras ca o de El sueño del celta, mais isto non quere dicir que non esteamos diante dunha obra de interese.
Non é unha novela para gozar senón para aprender, para obter coñecementos. Non é un texto co que vaiamos experimentar a ansia de chegar ao seguinte capítulo, coma en Travesuras de la niña mala, senón unha obra que leremos co estómago encollido e a vergoña de pertenza á unha especie que se autodenomina sapiens sapiens. Pura ironía.
El sueño del celta foi publicada en novembro de 2010 (o remate do texto aparece datado en abril dese ano na cidade de Madrid), tan só un mes despois de que a Academia Sueca lle concedese ao autor o Premio Nobel de Literatura por: ?A súa cartografía das estruturas de poder e as súas imaxes mordaces da resistencia do individuo, a rebelión e a derrota?.
Nin don Mario podería ter definido mellor o ar que exhala a novela que nos ocupa.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2015 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0