Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
"SEMPRE EN IBIZA" PASANDO POR FOZ - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

"SEMPRE EN IBIZA" PASANDO POR FOZ
Son poetas porque non serven para outra cousa, ou polo menos así se presentaron antonte en Foz; chámanse Lucía e María; Aldaolado para o seu público e mais para a súa ?querida pública? (sic).
A súa mensaxe principal é que a poesía non é aburrida, e abofé que conseguen esconxurar tal crenza nos corenta e cinco minutos que o auditorio permanece ?Sempre en Ibiza?.
O espectáculo comeza pondo voz e música a un texto de Castelao, a seguir todo será colleita da casa agás algúns temas musicais na busca do sorriso e con afán pedagóxico. E os risos abrollan, mais non é un espectáculo humorístico aínda que o humor fai acto de presenza ben veces. A función é un recital (non ao uso) poético musical; con sátira, con mensaxe, con didactismo e mesmo con demanda de participación e agasallo para os ousados.
Hai que agradecer á Asociación A Pomba do Arco a iniciativa e mais a escolla de Aldaolado para encetar a Festa da Palabra, un evento que ben podería subtitularse Ruada das Letras.
A sala de exposicións do Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) supuxo un escenario fermoso para un serán poético alumeado por unha vidreira cara ao ceo, desde a que vimos anoitecer mentres un reloxo adormecido custodiaba a estancia e provocaba os primeiros comentos ocorrentes das artistas.
Ninguén debe confundir a estas rapazas nin os seus espectáculos con humoristas cuspindo chistes encadeados ou monólogos de inspiración televisiva. Estamos diante dúas poetas que practican unha literatura itinerante e musicada; e a ninguén debe estrañar que as súas creacións estean tamén en letra impresa. Cómpre desterrar definitivamente os estigmas que perseguen a actores e profesionais das artes escénicas en xeral; o feito de que haxa persoas que traballan no tempo de lecer dos demais non significa que se trate de individuos pándegos as vinte e catro horas do día nin alérxicos á seriedade. Na mesma sala de exposicións que serviu de escenario, o improvisado trinque dunha libraría local facilitaba a adquisición de volumes da autoría de María Lado e Lucía Aldao.
O pasado día 23 Aldaolado traballou para un público (e para unha pública) sedento de espectáculos con calidade e de literatura compartida, de poesía emancipada da lectura soidosa e tamén, dunhas letras aborixes que non dan chegado á sociedade.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-09-2015 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0