Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O TEATRO DE OTERO PEDRAYO NO CASTELO DO CASTRODOURO - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O TEATRO DE OTERO PEDRAYO NO CASTELO DO CASTRODOURO
Aquel sábado 29 de agosto, durante unha hora, as pantasmas do pazo de Trasalba deixáronse intuír no segundo andar do castelo do Castrodouro.
Un feixiño de obras dramáticas do patriarca das letras galegas foron levadas á escena polo Clube Teatral Elsinor baixo o título A técnica do taratantaleo.
Con Manuel Lourenzo como actor protagonista e Xosé Martínez como indispensábel secundario, o público gozou ao longo de tres cuartos de hora da Transición e ocaso no mundo de Otero Pedrayo, tal é o subtítulo que loce esta obra de obras baixo a maxistral adaptación de Manuel Lourenzo.
Don Manuel, o Manolo de Vilaúde, fíxose co escenario e co público nunha función na que interpretou unha manchea de papeis (ollo! Cada función é diferente), na que danzou e na que fitou os ollos do público a menos dun metro de distancia.
Grandioso é un pobre adxectivo para cualificar o traballo de Manuel Lourenzo n?A técnica do Taratantaleo; unha adaptación libre, persoal e intransferíbel, na que percibimos en cada escena a pegada do noso patriarca das táboas.
Permítanme unha vaidade. Quen isto narra foi cear cos actores tras recollermos os tarecos do escenario; preguntou e interrogou sobre pormenores e interioridades desta obra, doutras obras, doutras materias, doutras literaturas? Permítanme a discreción ?vaidosa-, e a intriga ?vaidosa- de postergar detalles e anécdotas para máis adiante.
Sabia elección a de traer o Clube Teatral Elsinor dúas veces durante o verán; o Concello de Alfoz optou por un grupo que é todo un símbolo de calidade e mestría no ámbito coruñés, mágoa que na Mariña non sexa frecuente gozar das súas representacións, aínda que, cómpre lembrar que polas San Lucas estarán en Mondoñedo. Oxalá estas illadas convocatorias se convirtan en costume.
Non podo deixar de nomear as engaioladaras e brevísimas execucións musicais de Xosé Martínez durante a función; o ?Jose? é un actor serodio descuberto por Manuel Lourenzo, que aos poucos foi penetrando no eido escénico? Mais como xa sabemos, don Manuel é mestre de actores, e iso coñécese cando o ?Jose? sae ao escenario.
?O taratantaleo é un verme que non morre endexamais?. Non deixemos que o bo teatro morra a mans das vulgaridades paifocas que moitos concellos contratan pensando nun público que dá por suposto que o riso é o único obxectivo do teatro, por culpa duns grupos que consideran que o riso é o mellor premio para un actor.
Clube Teatral Elsinor, do melloriño desta terra.

Imaxe: O actor Xosé Martínez.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2015 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0