Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
MEDEA NO CASTRODOURO (1º acto) - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MEDEA NO CASTRODOURO (1º acto)
Non hai mellor escusa para reler Medea que aprestarse para gozar da súa representación. Tal acontecerá nuns días no castelo do Castrodouro, cando o Clube Teatral Elsinor poña en escena o clásico de Eurípides, baixo a dirección de Manuel Lourenzo.
Seica o propio director interpretará un papel na obra, seica tal papel é o de Creonte (rei de Corinto e pai da nova muller de Xasón), e que o reparto non será coral mais si de alta cualidade.
Por este motivo, tirei da miña biblioteca un vello volume da Colección Austral ?conxunto bibliográfico do selo Espasa-Calpe-, se cadra sen uso dende aquel afastado Bacharelato con Grego e Latín como materias de estudo. Neste libro editado en 1983 figuran outras dúas obras de Eurípides, Orestes e Andrómaca.
A lectura de Medea non é apta para corazóns sensíbeis ou pouco afeitos aos dramas clásicos, mais a representación teatral é aconsellábel para toda persoa con sensibilidade, cultural ou da outra; por moitas razóns.
Sinalarei só unha das razóns fulcrais: Non é frecuente contar con compañías da categoría do Clube Teatral Elsinor en localidades pequenas. Ende ben, neste Valadouro azoutado polo Nordés como Elsinor era azoutada polo vento do Báltico, contamos cun veciño excepcional, o gran señor do teatro galego.
Por iso, o sábado 11 de xullo ás 20:00 horas, convén subir até o segundo andar do castelo de Kronborg; perdón! do Castrodouro? Pois que alí estará Medea.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2015 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0