Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
POLOS CAMIÑOS DE LEIRAS - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POLOS CAMIÑOS DE LEIRAS
Proxectouse a pasada fin de semana no Centro Social de Alfoz un documental que amais de gozar dun extraordinario contido, teño para min que sentará cátedra.
Polos camiños de Leiras é un traballo do cineasta burelao Matías Nicieza auspiciado polo colectivo mindoniense Abrindo Camiño. Agardo e desexo que a confección deste proxecto supoña un precedente grazas ao cal, outros persoeiros da bisbarra se convertan en personaxe e inspiración da sétima arte, pois que nestas literarias latitudes existe material dabondo e como vimos, temos quen o faga.
Manuel Leiras Pulpeiro, O Médico dos Pobres, está a ser obxecto dunha profusa reivindicación, comezando polo bo número de placas que lembran a súa traxectoria vital na cidade de Mondoñedo, continuando co xurdimento dun grupo literario que leva o seu nome e rematando polo documental que se está a exhibir estes días.
As rúas e paisaxes mostrados na devandita fita trouxéronme á memoria unha noite de conversa na casa vital do poeta do Rexurdimento. Non estou a soñar nin posúo a máquina do tempo, cómpre aclarar, que o noutrora fogar de Leiras hoxe é habitado (en estadías vacacionais) por Antón Meilán, amigo e incansábel investigador dos episodios mariscalianos, quen unha noite ofreceunos ?xunto á súa dona Hortensia- unha velada rica en conversas e viandas a Ramom Reimunde e máis a quen isto escribe. No portal daquel fogar aínda se deixan ver (non é lenda nin suxestión) as pegadas das ferraduras da besta do Médico dos Pobres.
O documental dirixido por Nicieza (con quen compartín intensas horas de programación na Radio Valadouro) contou cun bo feixe de intelectuais da bisbarra, cada un desenvolvendo a función que mellor lle acae; deste xeito, baixo a bandeira do talento, a factura final é impecábel. Persoas ben achegadas á literatura como Marina Mayoral (voz narradora), Antonio Reigosa, Luís Gonçales Blasco ?Foz? ou Bernardo Penabade, ilústrannos verbo da figura dun poeta que non prendía na fala.
Se hai algo que me emocionou profundamente foi un poema do mindoniense musicado pola voz de César Morán e o violino de Rebeca Maseda, sinxelamente sublime!
Non se podería desenvolver un proxecto desta caste arredor da figura do poeta Celestino Cabarcos Suárez no Valadouro? O autor de Cóxegas, era crego de profesión e bruxo de pseudónimo, coa súa pluma deu fe de seres e aconteceres da primeira metade do século XX, en galego e facendo gala dun sarcasmo burleiro que nos obriga a esquecer que estamos a ler a obra dun ministro da Igrexa?
Entre A Laxe e Lagoa ten que haber material para que o grande Matías nos cree Polos camiños do Bruxo dos Ermos.
Ilustración: Manuscrito de Manuel Leiras Pulpeiro tomado do estudo Ben pode Mondoñedo desde agora. A eséncia popular na obra e na língua de Manuel Leiras Pulpeiro de Ramom Reimunde Norenha, gañador da XII edición do Premio Literario Ánxel Fole e publicado pola Fundación Caixa Galicia en 1998.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2015 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0