Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O PRACER DO INÉDITO - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PRACER DO INÉDITO
Hai uns días, o meu amigo Arturo Mogo; poeta, narrador e pescudador nos segredos da historia recente; emprestoume, encadernado a canutillo, o froito das súas indagacións sobre un episodio endexamais aclarado, e ao redor do que el achega abondosas luzadas, mercé a unha exhaustiva investigación.
No verán de 1948 é axustizado o falanxista ?O Pinguelo? na súa taberna de Santo Acisco, poucos días despois do asasinato do célebre ?Gardarríos? en Vilanova de Lourenzá.
Tal e como afirma Arturo, nada hai escrito sobre o taberneiro, ou polo menos ninguén lle adicou ?que se saiba- unha pescuda monográfica. ?Gardarríos? foi glosado en varios estudos e sei de quen atesoura abondosa documentación acerca do devandito guerrilleiro, feito que tarde ou cedo provocará a publicación da obra definitiva sobre o executor de José Viador. Ah! Non o sabían? Pois iso vai de agasallo, o cal me outorgaron unha noite de confidencias.
No estudo sobre o falanxista de Santo Acisco, do que non adianto o título pois que supoño sometido aínda aos rigores de toda obra inédita; adecuacións, mudanzas, correccións até última hora? O autor non se deixa levar por posicións ideolóxicas, empatías ou simpatías cara aos febles ou veleidades desa caste. Exerce Arturo como transmisor escrupuloso e veraz, sen escoramentos. Só concede licenza á adxectivación dos acontecementos máis encarnizados, nos que a violencia se torna case un rito macabro; é neses casos cando o autor se distancia da atrocidade condenando o recreamento na dor, independentemente da localización ideolóxica de vítimas e verdugos.
Supúxume un absoluto pracer mitigar a curiosidade nestas páxinas reveladoras e necesarias, pois que A Mariña foi territorio xeneroso en guerrilleiros, en fascistas, en arranxos de contas a tiros e en abusos abeirados na irracionalidade dun tempo que non demos esconxurado. En parte porque non o estudamos en profundidade, porque nos compracemos pensando que o rompemento entre o antes e o agora prodúcea o paso do tempo, e non nos decatamos de que o único pasado é o que logramos superar, e a superación é filla do coñecemento.
Coñecemento é o que nos achega Arturo Mogo neste completo estudo no que de esguello revivimos as vicisitudes das diferentes agrupacións guerrilleiras operantes no norte da Galiza, os costumes dos pistoleiros da Falanxe á hora das razzias, a fame, o medo, e o afogo dunha sociedade que se viu impelida á resignación, o silencio e a emigración.
Estrañaríame que os diferentes colectivos culturais da Mariña non se disputasen a publicación deste estudo, deste anaco de historia local, emparentado directamente coa Historia da Europa de entreguerras.
Foi un pracer atopar solución ás incógnitas que tantas veces se manifestaron en conversas e debates sobre aqueles acontecementos, foi un pracer ler este parte de sucesos confeccionado a partir de testemuños, de mergullo en arquivos e de horas e horas de cabos atados e desatados até urdir o mapa dos sectores enfrontados, das pendencias, das vinganzas e das traizóns.
Se queremos soterrar de vez os reparos que hoxe poden espertar relatos daquela época, só temos un camiño. Divulgar o que aconteceu, xa que somo fillos do noso pasado, máis tamén podemos ser vítimas.
Benedetti explicouno cun verso definitivo e definitorio, ?Vencer la derrota?.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2015 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Se queremos soterrar de vez os reparos que hoxe poden espertar relatos daquela época, só temos un ca#blgtk08#miño. Divulgar o que aconteceu, xa que somo fillos do noso pasado, máis tamén podemos ser vítimas.
Comentario por replica handbags (19-07-2015 06:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0