Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
CANDO A ORALIDADE TRANSCENDE Á LETRA IMPRESA - Vasoiras de xibarda


    Vasoiras de xibarda


Cartafol literario de experiencias, teimas e inquedanzas
"...E ás doce da noite voan dacabalo de vasoiras de xibarda..."
Contos do Valadouro. XP,IF,ML.
O meu perfil
bercedasorixes@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CANDO A ORALIDADE TRANSCENDE Á LETRA IMPRESA
Para mi hijo é un libro de contos; libro que xamais lin, libro que xamais vin, e, cuxos relatos coñecín por boca de miña nai; grande consumidora de literatura infantil.
El indio goloso ou El perro fiel ficaron gravados na miña memoria por riba dos outros contos, do mesmo xeito, a miña narradora de cabeceira demostraba máis predilección por estes apólogos ca por outros.
Non reflicto estas lembranzas por un mero exercicio de nostalxia, ao cabo, persoal e sen maior interese para o visitante da bitácora, senón como demostración de que as nosas lecturas e mesmo as nosas bibliotecas (grandes ou pequenas, avultadas ou mirradas) inflúen no grao de achegamento á literatura dos que veñen despois de nós.
Nós, somos fillos literarios, non só das lecturas dos nosos patrucios senón das súas inquedanzas verbo dos libros, dos seus gustos ou da ausencia deles. Ese libro que anda pola casa e que xamais limos, é posíbel que converta en ávido lector a un individuo da vindeira xeración, ou quen sabe se suporá a semente dun bo escritor. É bo gardar libros, agasallar libros, amosar libros aos cativos, e por riba de todo? Falar de libros! Se non fose incorrecto poríalle tres signos de admiración ao sintagma anterior. Opinemos acerca das lecturas, malia que pensemos que non entendemos chispa de literatura, recomendemos e alentemos, nada mao pode saír desta habitude.
Mateo Bustamante escribiu este compendio no século XIX, e o volume gozou de publicacións e vendas até mediados do XX; é posíbel que en moitos fogares aínda exista ?desencadernado e xa sen algunhas follas- un exemplar de Para mi hijo; recomendo un repaso. Non por saudade, non só pola calidade dos contos, nin sequera pola mensaxe que emanan, case que nin por distracción. Por pracer. Só por pracer.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2015 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0