É simpática a imaxe mostrada hoxe polos noticiarios españois sobre a visita de Carla Bruni e Nicolas Sarkozy á capital do reino. Sobre todo porque xa non lle dan aos acordos entre os dous estados muito máis tempo en TV que aos vestidos que loce a parella do presidente francés nin aos compromisos sociais, tipo ceas, visitas a museos e demais...
Así é que vai a política na TV. Eu gocei particularmente do discurso de Sarkozy no parlamento español ateigado de xente. Os políticos españois quedaron con cara de parvos ante a boa xogada de Sarkozy que como non traía o seu discurso escrito (un home dos primeiros que entra no parlamento español con capacidade de improvisación) non lle facilitou a ninguén a tradución e o home fixo o brindo ao sol máis longo da historia. Os deputados españois non saben nin as linguas que se falan en españa. Non saben inglés e só os mais vellotes tiveron as súas leccións de francés nas escolas. Deben de pensar que ser deputado é medir unha certa cantidade de espacio para caber na cadeira do escano. Algún deles tampouco é que se esforce demasiado en entrar fisicamente nela.
E os orgullosos monolingües nin sequera teñen acceso a tradución simultanea, non sei se sempre pero non tiveron neste caso. E tan orgullosos e ignorantes coma sempre aplaudiron en pé un discurso do cal ignoraban totalmente o seu contido. Xa lles podería ter chamado a todos parvos do cú que eles non saberían nada e como no parlamento todo é paripé acabarían en pé e aplaudindo da mesma maneira cando acabase (o señor famoso que manda muito que estaba de visita) de emitir eses inintelixíbeis sons.
Unha lección máis, e mui pouco disimulada, de como é a política de alto nivel en españa.
Xa o di o refrán que para o primeiro de abril van os burros onde non deben ir. Un día para facer todo tipo de falcatruadas e se a do BNG de ir con Andecha Astur ás eleccións vai en serio creo que vai ser a primeira vez que perdan o voto decente nacionalista por vontade propia.
Supoño que iso é noticia das boas, aínda que unha executiva que dimitíu non debera tomar decisións tan fóra da normalidade e rupturistas.
O que me molou foi como picaron os da coz no suposto feche da páxina chuza que publican eles mesmos este 1º de abril. Como supoño que algún día se darán conta da piada na que caíron xa algunha alma benévola e con certa repugnancia a subir o numero de visitas á web da voz puxo a foto da cagada na net. Tamén en A Nosa Terra ecoan a metedura de pata da coz. É que o estaban a desexar!!!!
Casualmente hoxe tamén se reúnen os novos parlamentarios do goberno galego. Xa falei de burros antes, non é?