Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Guerra á carta en Irán, con guión estándar

Propoño un exercicio de buscar as diferenzas entre dous feitos que relato a seguir:

Un grupo de persoas realiza barricadas con pneumáticos e protesta polas rúas dunha cidade. Berran as súas protestas e entorpecen a regularidade do tránsito da xente que tenta seguir a súa rutineira vida. A policía actúa de maneira violenta para tentar disolver os grupos cargando con porras, disparando con balas de goma e mesmo gases lacrimóxenos. O Metal en Vigo.

Un grupo de persoas realiza barricadas con pneumáticos e protesta polas rúas dunha cidade. Berran as súas protestas e entorpecen a regularidade do tránsito da xente que tenta seguir a súa rutineira vida. A policía actúa de maneira violenta para tentar disolver os grupos cargando con porras, disparando con balas de goma e mesmo gases lacrimóxenos. Protestas despois das eleccións de Irán.

O primeiro feito ten repercusións na prensa local e cabreos de baixa intensidade entre os condutores da cidade que non poden aturar o caos xa endémico acrescentado con paróns do tránsito non previstos. Nada se di da violencia que exerce o estado.

O segundo feito ocupa portadas en prensa escrita de todo o mundo. Os telexornais na TV e os noticiarios na radio abren con este tema e adícanlle papel protagonista nos feitos do día. É presentado como un acto de afouteza da populación civil contra un rexime inxusto que tenta enganar ao pobo. Acábase por dotar de discurso e lexitimidade ás masas protestantes. Dise que o reconto das eleccións é inxusto e o estado é demonizado. Os xornalistas falan desde o lugar para o mundo dicindo que non teñen liberdade para informar, que non teñen imaxes pero que nos fiemos das súas palabras: hai unha revolta en marcha. O máis que consiguen filmar é un par de coletores ardendo e xente que camiña en manifestacións.

Obsérvese como o corpus que se dota a unhas situacións parecidas é ben diferente. Ninguén en München vai mirar as manifestacións do Metal en Vigo mentres que poucos en Vigo quedarán sen mirar as imaxes de Irán. Parece que foi dios ;) que a semana pasada fixeron 10 anos dos sucesos da praza de Tian'anmen. E a min recordame máis á manipulación ucraína da revolución laranxa ou mesmo á tan frecuente liberación de países americanos como aquela que acabou con Allende no Palacio de la Moneda aquel triste 11 de setembro. Visto, ollado e mirado que non había armas de destrución masiva no Iraque vestimos a guerra anunciada anos atrás con Irán de pucheirazo electoral, nun país de cultura musulmá e con aspiracións de ter armas de destrución masiva. O malo desta peli é mui malo. A ver que pasa. Admítense apostas, seguro que gañan os bos ;)
Comentarios (3) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 15-06-2009 04:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Home, sen menospreciar a luita obreira en Vigo nen entrar en consecuencias diplomáticas e estratéxicas a nivel mundial (petróleo), ver decen#blgtk08#as de miles de moz@s polas rúas de Teherán non se veía dende o ´78 cando as protestas contra o Shāh. En Vigo xa andan afeitos á coisa.
Dixo Xan (19-06-2009 15:54)
2 acredito no que comentas. O que pasa é que na altura en que escribín isto parecía unha revolta guiada m#blgtk08#áis polos media que polo pobo. Actualmente, dá igual quen foi que a comezou, é unha revolta imparable.
Dixo turonián (19-06-2009 16:34)
3 Concordo coa situación análoga do protesto. Pero alguén non valorou que en Vigo sempre se está a mobilizar máis ca noutros puntos do planeta? O resultado sem#blgtk08#ella que sempre o o marcan os media. Do de Irán, penso que no fondo a xente segue a se mover darredor do Jomeinismo, inda que lle proa a Obama.
Deica!
Dixo amauta castro (19-06-2009 19:51)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0