Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

O pecado orixinal de ser alemán
Pois xa miras, hoxe déuseme por aí. Haiche pobos para todo. O noso arinconado, minguado e asoballado nunha esquina de europa occidental e o alemán motor de Europa e central da mesma.
Os teólogos levan anos tentanto que nos sintamos afortunados de ter nacido católicos, posto que ao ser bautizados quedamos libres da culpa dun pecado co que todos nacemos.

Cada día que pasa síntome máis atraído pola idea do pecado orixinal dos alemáns. Pódese mirar con claridade no film "The Reader" deste mesmo ano (2009) ou simplemente falando de historia con calquera deles. Os alemáns que eu coñecín sempre foron boa xente e teñen unha sensibilidade ecolóxica máis integrada na súa vida do que na nosa. Teñen tendencia a practicar deportes e a sentirse mal por algo que eles non fixeron. Bautizados ou non, todos se senten culpábeis dun pecado que non cometeron e loitan contra el cada día. Sobre todo cando están con estranxeiros.
É o pecado da guerra e de todas as barbaridades feitas polos seus avós. Seguro que vos soa ese sentir se tendes, coma min, un avó que gañou a guerra civil. O interesante é que aínda que o meu avó sexa dunha ideoloxía totalitaria e se sinta orgulloso eu non me miro implicado no seu mundo porque nin sequera falo o mesmo idioma ca el nin temos a mesma nacionalidade.
Pois os alemáns teñen o pecado orixinal de ter uns avós tan bastos coma os nosos, pode ser un pouco máis, pero levan con eles a lacra todo o día.

Cando eu empecei a estudar alemán algúns preguntáranme se me estaba convertendo nun nazi. Vale que cada día sonche un pouco máis carca e tal, pero non creo ser sospeitoso de tamaño comentario. E non creo que haxa outro tópico ligado, a xeito de estigma, tan fortemente a unha nacionalidade. Por iso me interesa tanto as reaccións que isto suscita nos alemáns que coñecín. Segundo me teñen enterado na pasada eurocopa foi das primeiras veces en que se comezou a ver sen demasiado recelo a presenza da bandeira alemá nas rúas das súas cidades. Vale que non lles valeu de muito na final pero paréceme un síntoma de recuperación de autoestima. Se pensamos que son das economías máis potentes de Europa deberíamos empezar a preocuparnos por que non tivese problemas de autoestima.

Sempre que comento que as pelis sobre a segunda guerra mundial son profundamente xenófobas e incivilizadas non topo tanta simpatía como cando o digo dos films sobre os indios e vaqueiros. E aí hai algo que nos impide ser mellores persoas. Os nazis eran abominábeis pero os alemáns non. Hai esceas realmente crueis en que o bo e heroi do film maltrata, ou mata persoas por un odio non muito máis limpo que o do outro bando.

As guerras son excepcións na vida dos países e convén ir asumindo o seu fin. De todos xeitos, normalmente fanse para millorar as posicións económicas, tanto hoxe coma daquela, e non por nobres ou detestábeis finalidades abstractas. As persoas que morreron nesa guerra eran persoas e os líderes que deron as ordes morreron por vontade propia ou de morte natural, eles son os verdadeiros culpábeis dos seus feitos.

Ou non morreu de morte natural quen mandou botar dúas bombas nucleares sobre poboación civil?
Comentarios (5) - Categoría: Europa - Publicado o 06-05-2009 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Há de tudo, e que haja de tudo é sintoma de normalidade. Já nos finais da década de 80 começou a ver na Alemanha um certo «revisionismo» histórico a respeito do nazismo («afinal não era pior que outros», «foi um produto histórico»), que terá os seus adeptos mas que não creio qu#blgtk08#e seja problema para a sociedade alemã. O exceso de complexo pode ser problemático se gera uma reacção negativa ? todo exceso de complexo acaba por ser agobiante. Quem sim necessitava tomar mais consciência dos seus crimes passados é, por exemplo, o Japão, e ninguém fala disso.
Dixo Majorinus (06-05-2009 18:48)
2 humms gostei de ler o artigo. Son topicazos que calquera con dous d#blgtk08#edos de fronte desbotaría pero nunca esta demais facelo explicito.
Dixo Carolina (08-05-2009 20:39)
3 Muy bueno el artículo...él director de mi colegio, un jesuíta, decía por contra que si los aleman#blgtk08#es nacían con esa pesada losa, parecía que los estadounidenses nacían sin pecado original alguno.
Dixo david (10-05-2009 10:12)
4 Falar de estigmas da nacionalidade alemana fai pensar nun uniformismo identitario que por outra banda xeralmente non aceptamos ao falar de nós mesmos.

O recelo da presenza #blgtk08#de bandeiras en xeral mai-la conciencia do perigo do termo "nacionalismo" son cousiñas a ter en conta a hora de tratar con esta boa xente.

Se os povos tiveran memoria...
Dixo espertador (10-05-2009 21:38)
5 En moitos sitios parece como si se nacese co pecado orixinal; nos sin ir máis lonxe. E moita a xente que o comenta i eu xa empezo ser un dos que o empeza tamén a ver así, i é que parece que nos como f#blgtk08#omos un pais de emigrantes agora temos a obriga de aceptar a todos os que queiran vir; i eso en tempos de bonanza económica podese ir pasando pero en estos tempos de crisi a xente non está polo labor
Dixo Pau (18-05-2009 20:45)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0