Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Sarkosy no parlamento español
Que dirá ese guiri que manda tanto?É simpática a imaxe mostrada hoxe polos noticiarios españois sobre a visita de Carla Bruni e Nicolas Sarkozy á capital do reino. Sobre todo porque xa non lle dan aos acordos entre os dous estados muito máis tempo en TV que aos vestidos que loce a parella do presidente francés nin aos compromisos sociais, tipo ceas, visitas a museos e demais...

Así é que vai a política na TV. Eu gocei particularmente do discurso de Sarkozy no parlamento español ateigado de xente. Os políticos españois quedaron con cara de parvos ante a boa xogada de Sarkozy que como non traía o seu discurso escrito (un home dos primeiros que entra no parlamento español con capacidade de improvisación) non lle facilitou a ninguén a tradución e o home fixo o brindo ao sol máis longo da historia. Os deputados españois non saben nin as linguas que se falan en españa. Non saben inglés e só os mais vellotes tiveron as súas leccións de francés nas escolas. Deben de pensar que ser deputado é medir unha certa cantidade de espacio para caber na cadeira do escano. Algún deles tampouco é que se esforce demasiado en entrar fisicamente nela.

E os orgullosos monolingües nin sequera teñen acceso a tradución simultanea, non sei se sempre pero non tiveron neste caso. E tan orgullosos e ignorantes coma sempre aplaudiron en pé un discurso do cal ignoraban totalmente o seu contido. Xa lles podería ter chamado a todos parvos do cú que eles non saberían nada e como no parlamento todo é paripé acabarían en pé e aplaudindo da mesma maneira cando acabase (o señor famoso que manda muito que estaba de visita) de emitir eses inintelixíbeis sons.

Unha lección máis, e mui pouco disimulada, de como é a política de alto nivel en españa.

Comentarios (9) - Categoría: Europa - Publicado o 28-04-2009 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Non sabia da visita do "Nain" ao parlamento español. Como sabes que non houbo tradución simultanea¿?#blgtk08# /> Se é así só vou dicir unha cousa:
Hahahahahahahahahahahahaha!!!!!
Paletos Españois!
Dixo Xacobe (28-04-2009 18:25)
2 Seguro que contou varios ch#blgtk08#istes seguidos de españois
Dixo actualidade (28-04-2009 23:03)
3 O carracbouxo tamén ten algo que dicir do t#blgtk08#ema: http://www.laregion.es/galeria/4/8287
Dixo Reidotoxo (29-04-2009 13:23)
4 Que ZP tivera que ir á Cimeira de Londres con interprete tamén non di moito del. O conto é que pouca desta xente fala algo máis que non sexa "mesetario".Iso tendo en #blgtk08#conta que falar inglés ou francés son linguas relativamente próximas.

Que pasará cando sexa China a que mande no mundo?? Pois máis do mesmo...intuimos.
Dixo amauta castro (29-04-2009 21:17)
5 Chámase chauvinismo (tomando o nome do patriota francés Nicolas Chauvin), ou patrioteirismo á crenza narcisista próxima á paranoia e a mitomanía de que o propio do país, ou rexión, ao que un #blgtk08#pertence é o mellor en calquera aspecto. O nome provén da comedia A cocarde tricolore dos irmáns Cogniard, en onde un actor, co nome de Chauvin, personifica un patriotismo esaxerado.
Dixo Hannah Arrendt (01-05-2009 20:28)
6 No sabía que conocieses personalmente a los 350 diputados ni a cada uno de los senadores para atestiguar con tanta ligereza la incomprensión de ambas cámaras. No obsta#blgtk08#nte, estoy de acuerdo contigo en que el discurso fue un largo brindis al sol (yo si lo vi subtitulado, mea culpa) y que la mayoría de sus señorías no pudo entenderlo.
Dixo david (06-05-2009 16:26)
7 si eu non digo que sexan negados pero se non saben galego, vasco nin catalán no#blgtk08#n creo que saiban idiomas estranxeiros. É só ignorancia, senón sería mala idea
Dixo (06-05-2009 16:46)
8 Comprendo o que queres dicir pero a premisa non é válida.

Podemos defender a nosa lingua, pero hai que reconocere que haiche muitos espanhois que conhecen linguas estranxeiras #blgtk08#extrapeninsulares, inda sendo absolutamente inhorantes das pensinulares. Cousa lóxica, incluso entre diputados.

Así por pór un exemplo, ¿que idiomas dominará o Paquiño Rdguez?
Dixo rapasinho (07-05-2009 15:59)
9 Coach Outlet Online Like all handbag designers and Factory manufbasicrers, Coach Factory Outlet is not shy from#blgtk08# making mistakes within their Designer Coach Factory Outlet Online production or create more store than usual.
Dixo Coach Purses Outlet (08-11-2011 10:05)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0