Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Vamos chicos, al tostadero!
Parou o bus en tures. Comín as unllas, nunca tal fixera. Pasou polo cruce aquel en que suspendera por segunda vez o exame de condución.
Era un día ao xeito dos cadros de Urbano Lugrís. O Pico Sacro era atacado sen contemplacións por unha nube malhumorada. O resto do horizonte era maino e luminoso. Folga dicir que era o único sitio onde se albiscaba chover.
Un día fermoso no que mesmo a cidade da cultura se vía integrada na paisaxe e no ambiente. Non desentoaba, era... vizosa?
A Antía acompañárame á parada do bus, fomos descobrindo onde paraba a parada. Cando chegou e subín fíxoo tamén unha rapariga, anoteina coma testemuña desas palabras miñas nacidas da histeria e do descoñecemento.
O bus continou o seu camiño, pareceume eterno. Xoguei a enganar ao mundo. A facer que disfrutaba as paisaxes. Sempre che fun mui paisaxeiro, os verbos desaparecen das descricións de lugares:
Un canastro de madeira caíndo a cachos abeirado dunha casa laranxa-taronxa. Leiras cultivadas, leiras a monte, leiras a toxos e silvas.
O puticlú de turno.
Leiras queimadas de xestas, leiras a orcalitos e a parada final. Pausa, calma, tensión, agardo finxindo frialdade e deszo paseniño.
Algo bo está a comezar!
Comentarios (3) - Categoría: os máis míticos - Publicado o 14-11-2006 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1
E ló a foto?
Pasisaxeiro sonche eu tamén, o que pasa é que#blgtk08# normalmente as paisaxes interiores son as que se reflexan no exterior...
Dixo o chumeliña (15-11-2006 10:40)
2 taba tan nervisoso que non saquei foto ningunha, este é un día tipicamente de Urb#blgtk08#ano Lugrís pero pouco soleado e na costa. Se a tirase hoxe sería parecida a esa.
Dixo turonio (15-11-2006 12:30)
3 Paisaxes observadas desde o autobús...un día deume por pensar que en realidade non existían as paisaxes. Que eran escenarios que un construía só ao ollar e que despois de un pasar desaparecían.<#blgtk08#br /> Hoxe xoguei a engañar ao mundo eu tamén:imaxinei que vía paisaxes mariñas a través desta noite pecha e chuviñenta que trouxen hoxe envolvendo o meu autobús. Mañá cedo agardo ver leiras.
Dixo A de Lugrís (15-11-2006 20:03)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0