Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Unha paleta de Cerceda
Parece mentira pero é algo tan habitual e frecuente que lle vou adicar unha categoría enteira á diglosia.

Teño, por motivos de traballo, que establecer comunicación con diferentes lugares e persoas de Galiza. Normalmente a mesma xente pero un círculo extenso. Os compañeiros falan coa mesma xente ca min e xa nos coñecemos todos mais ou menos. Ata aí todo normal: uns falan galego e outros español.

Hai unha rapaza en Cerceda que non fai unha soa vogal neutra ao xeito do español e fai que o seu galego sexa realmente auténtico. Eu cando falo con ela sorpréndome do ben que o fai, recordame a algunha señora maior pola fonética tan pouco contaminada polo castelán. Ás veces lercheamos entre os compañeiros: "esta sempre me di cariño", "este sempre ten voz de durmido", "este é un coñeiro", "que mala uva ten este"... O normal. Pero o outro día resultou que alguén falaba da rapaza de Cerceda. Eu pola súa pouca contaminación fonética collinlle cariño e estaba ocupado no momento pero logo quedei safado e preguntei. Estaban falando dela. Dicían que era medio subnormal e bastante parviña pero que traballaba mui ben. Normalmente as "rajadas" que facemos son muito máis suaves mesmo cos que lles temos algo persoal pero con este caso non son eles os que falan senón o autoodio e por suposto: a diglosia. Os meus compañeiros falan case todos galego e non ven millor a ninguén por falar castelán, normalmente tiran cara o contrario pero neste caso fan a excepción e consideran que con esa fonética a rapaza só pode ser parva ou subnormal.
Un claro exemplo de diglosia e autoodio. Neste caso en xente que aparentemente non debería presentalo. Ou ben de idealismo pola miña banda que tampouco teño muito trato con ela e igual eles teñen mais datos ca min. Polo dagora quedareime con que é diglosia.
Comentarios (4) - Categoría: Diglosia - Publicado o 07-09-2007 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Pois acabo de opinar sobre algo parecido no blog "Canción do Náufrago". Alí falabamos da necesidade de conservarmos a fonética do noso idioma, mais para facermos iso precisamos o noso propio convencemento e ademais que non existan opinións coma estas. Des#blgtk08#de logo non o entendo. Tanto tempo loitando polo noso idioma e vai e caemos nos típico-tópicos prexuízos de quen nos persegue pola lingua que usamos.

Así estamos perdidos. Hai que cambiar. Xa.

Un viva polas sete vocais! Viva!
Dixo Acuática (07-09-2007 19:38)
2 Cómpre a recuperación dos rasgos fonéticos e musicais da lingua. Custa ás veces distinguir os /e/ e /o/ fechados dos abertos, co que perde o normal xogo entonativo da lingua. A isto contribúen decisivamente a proporción excesiva de neofalante#blgtk08#s descoidados e/ou preguiceiros nas universidades (nas que se supón está o nivel culto da lingua) e o modelo españolizante da TVG e a RG. Estes modelos explica o caso dos teus compañeiros, ao que se ve inconsciente.

Xiao Roel
Dixo XiaoRoel (08-09-2007 00:41)
3 O que lle pasa aos teus compañeiros coa rapaza de Ce#blgtk08#rceda, pasame a min cos que falan o galego da TVG.
Dixo Pau (10-09-2007 15:58)
4 Eu sempre falo e escribo en castelán - supoño que sempre foi así na escola, na casa, etc. - sin embargo, cando me falan en galego falo eu tamén en galego (a verdade é que me gusta moito a nosa lingua), pero nunca pensara no ridícula que podo sonar, e agora que lin este escrito doume conta do tema da fonética. Así que, agora me#blgtk08# explico, por qué cando estiven en Brasil ninguén me entendía ben e en cambio o meu compañeiro, todo o mundo o entendía e incluso xa se referían a él. Os dous falábamos en galego (eu según o estudiei e tal, reconocendo que non son galegoparlante, e o meu compañeiro que fala case sempre en galego). E, está claro, é a fonética.
Dixo Silvana (10-09-2007 20:22)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0