Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

As reixas do Parlamento de Galiza
Parlamento de Galiza e GaliciaDe pequeneiro, estando na escola, contáranos a mestra a historia dun xigante que vivía nun lugar mui pobre e onde a xente adoecía de fome e tristura. Non había muito que comer e os rapaces non tiñan onde xogar. Alí vivía tamén nunha casa inmensa un xigante que non gostaba nada da xente e aínda que tiña un grande xardín con fruiteiras e flores fermosísimas nunca deixaba entrar a ninguén nel. Os raparighos un día entraran ás agachadas...

Sempre que paso polo Parlamento lembro que foi cuartel militar, as manifestacións que me teñen levado a el, os porrazos de chapapote que levara Fio na reixa... A REIXA...

Que cousa FEA. Esa reixa oxidada, ameazantemente puntiaguda, parece unha fronteira en Ceuta, un muro en Palestina... é treizoeira pois ás veces deixa ver e outras non por medio dela...

Os nosos berros alí nunca foron escoitados, oídos, atendidos... Unha reixa de impotencia, con guarnición de antidisturbios que a garda do pobo e de nós. Das nosas ideas, inquedanzas, propostas e sospeito que idioma. Ese lugar onde o himno galego se canta ao ritmo de Madrid.

É tan fea a reixa, que se buscades no google por imaxes do parlamento de Galiza non creo que topedes ningunha imaxe en que saia ela. E non creo que sexa casual. Eu fíxeno e non a topei, igual tendes vós millor sorte. Tiven que ir aló e tirarlle a miña foto denuncia, que tampouco me custou tanto. E ben a gusto que quedo con este comentario.
Comentarios (7) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 27-04-2007 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Moitos, non todos, cada vez que pasan esa rella para acomodarse no seu escano deixan de#blgtk08# ser pobo para integrarse nesa clase de seres que non poden ver máis aló desa barreira
Dixo a randeeira (27-04-2007 17:39)
2 A única reixa boa#blgtk08# é a reixa rota.
Dixo Doutora Seymour (27-04-2007 22:12)
3 si, a verdade é que si que parece un pouco unha fronteira entre o pobo e #blgtk08#os políticos...
E ademáis é chunga con ganas! Parece unha ameaza
Dixo Mar e Lúa (28-04-2007 00:06)
4 Eu a primeira vez que a vin pregunteille a un paisano que ía pola rúa:
- qué é iso?
- o parlamento de Galicia.

e eu pensei... contra... e eu nunca vira isto na tele!! se semell#blgtk08#a un cárcere!

Supostamente representa ó pobo, mais o pobo non pode acceder a ese edificio... non sen pasar polo control dos securitas eses dos coches marelos, que sempre me deron mal rollo.
Dixo Suso (28-04-2007 02:01)
5 Anda rulando o cuestionario de Prousto, asi que, como cadea que é, deixocho para, se queres, sigas a pasar a bola (e a jorobar algo a xente):


1. O principal rasgo do meu carácter?

2. A calidade que prefiro nun home?

3. A calidade que desexo nunha muller?

4. O que máis aprecio nos meus amigos?

5. O meu principal defecto?

6. A miña ocupación preferida?

7. O meu soño de dicha?

8. Cal sería a miña maior desgraza?

9. Que quixera ser?

10. Onde desexaría vivir?

11.A cor que prefiro?

12.A flor que prefiro?

13.O paxaro que prefiro?

14.Os meus autores preferidos en prosa?

15. Os#blgtk08# meus poetas preferidos?

16. Os meus heroes de ficción?

17. As miñas heroínas de ficción?

18. Os meus compositores preferidos?

19. Os meus pintores predilectos?

20. Os meus heroes da vida real?

21. As miñas heroínas históricas?

22. Os meus nomes favoritos?

23. Que detesto máis que nada?

24. Que caracteres históricos desprezo máis?

25. Que feito militar admiro máis?

26. Que reforma admiro máis?

27. Que dons naturais quixeras ter?

28. Como me gustaría morrer?

29. Estado presente do meu espírito?

30. Feitos que me inspiran máis indulgencia?

31. O meu lema?
Dixo Anxelica (30-04-2007 22:28)
6 Igual a quen o deseñou deulle por pensar que a#blgtk08#lgúns diputados merecían estar entre reixas...
Dixo moucho_branco (02-05-2007 02:55)
7 eu odio as reixas ainda que se diga que é por seguridade.. nas casas por exemplo. Esta particularmente, ademais de todo o dito é agresiva. Se no seu lugar houbese unha porta, o acceso seria o mesmo, e de #blgtk08#esta forma teñen a escusa que se deixa ver algo que da outra forma quedaria opaco a todos. E digo eu que sera por aquilo de... o veras pero non o cataras, o mellor devandito.. o veras pero non accederas.
Dixo oquetencutenmedo (04-05-2007 20:34)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0