Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

GZ na TVG
Logo de anos de percibir a TVG como algo distante e mesmo alleo aos movimentos nos que me movo e nas correntes de opinión nas que me sinto a gusto fíxome coña topar con esta imaxe que noutrora sería totalmente imposíbel.
Eis un carro da TVG cun autocolante (en galego VOLGA adhesivo) de GZ. Pra min foi toda unha sorpresa.

E agora, colgando esta imaxe recordei o día que Aznar viñera de sorpresa á Coruña a vendernos o Plan Galicia rodeado de militares, gardas civís e non poucos policías españois. A situación era bastante tensa, os manifestantes eramos poucos de verdade e debía haber unha grilleira por cada un de nós. Non paraban de pasar carros do exército e da garda civil, os antidisturbios xa nos tiñan rodeados e nos colleran os billetes de identidade e non había case nen aire que respirar. Estábannos asoballando dunha maneira abusiva, parecían matóns de discoteca... lembro que marchabamos dalí cunha sensación mui negativa: O aznar dérase un baño de masas, a prensa pasaba polo rego e nós deixabamos de ser a meniña dos seus ollos. O caso estaba pechado. Un día para esquecer nós e o día que outros escolleron para esquecernos... pois ben, ese día, cando marchabamos pasou á nosa beira un furgón da garda civil. Na parte traseira baixa levan sempre unha bandeira española, pois a este déranlle un aspecto máis digno e puxéranlle por riba dela e solapándoa un autocolante de Nunca Máis. A única cousa simpática do día. Isto foi o que me recordou esta foto que tirei a semana pasada.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2007 01:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Pois que triste... Paréceme moi triste que non se poidera poñer unha pegatina no teu coche se non querías perder o traballo. Agar#blgtk08#do que as cousas cambien, e que respeten, sempre, as opinións de todo o mundo, sexan as que sexan.

Apertas varias.
Dixo A do outro lado (18-04-2007 04:31)
2 As cousa están en proceso de cambio pero aínda fan f#blgtk08#alla agardar uns cantos anos. Paciencia hai que ter.
Dixo a randeeira (18-04-2007 09:00)
3 O que é triste é que eu teña unha "volga" desas dende hay catro anos e nonme atreva a pega-la no meu carro por medo de que mo r#blgtk08#eventen todo.
É o que ten vivie na cuna do Rei Fernando, que católico sería, pero animaliño coma un porco bravo tamén...
Dixo O Peto Lareto (18-04-2007 22:29)
4 É curioso o que cambiou a Galega... eu antes, agás o Xabarín, non a vía nunca porque nos telexornais só saía Fraga e O Agro, e o resto do tempo Luar e telegaita. E agora son fiel seguidor desta cadea, vexo os telexorn#blgtk08#ais, os documentais dos domingos, o cifras e letras,... por fin é unha televisión pra os galegos, e non pra os ghailáns-vellos-pepeiros.

Se ben creo que aínda moito pode cambiar non vai por mal camiño.
Dixo Suso (21-04-2007 01:53)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0