Como en Portugal uns vão bem e outros mal



O meu perfil
teño conta en gmail.com
 Portos de recalada recomendada
 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

Alcaldesa e xardineira
Os dispensarios de croios na zona de marchaAlcaldesa e xardineira: Corina Porro, a alcaldesa de Vigo.
Cousa grave me parece que a que fora anunciada como sparring de Castrillo nas pasadas eleccións municipais sexa por motivos de subnormalidade política do paracaidista retirado Pérez Mariño a xardineira maior da cidade de Vigo. Entre outras cousas porque acabou co servizo de normalización lingüística nun lugar tan extratéxico como é nesta batalla a cidade de Vigo. Pero tamén fixo abondosos recurtes en materias de políticas sociais para poñernos en catro rúas do centro árbores de viveiro cada catro metros acompañadas por cadenseus dous focos que apuntan toda a súa potencia directamente cara o ceo. Non quedaramos que a contaminación lumínica e o dilapidamento de recursos enerxéticos e económicos eran cousas de políticos ancorados nun pasado pre-ecoloxismo e alleo ao cambio climático?

Se non fose isto pouco desastre, non podo deixar de engadir novidades máis de andar por casa adobiadas cunha pouca de reflexion de urbanismo histórico de caracter doméstico: Despois da revolución francesa, por aquilo das barricadas, tendeuse a facer nas grandes cidades amplas avenidas e rúas para que no caso de conflito urbano as persoas revoltosas tivesen que saír das rúas estreitas e enfrentarse ás forzas da orde en campo aberto. Outra das medidas defensivas das forzas da orde foi retirar as pedras pequenas, tan dadas a facer intifadas por París adiante. Pois ben, en plena Era do Botellón e dos Falcatrueiros dos cristais, retrovisores rachados e demais agasallos matutinos foito dunha noite de festa; topamos con que grande parte das rúas restauradas por esta alcadesa tan fixe teñen macetas cada pouco e nelas, por facer bonito, pijísimos CROIOS dos de toda a vida vernizados. Non me queixo de que os vernicen, que xa ten delito, senón de que sexan do tamaño da man e estean acumulados como polvoríns nos piores sitios. Calquera día o dono dun comercio pódese topar cos cristais bonitos ou a policia cunha intifada de croios pijisimos. Será o novo camiño da guerrilla urbana?
Comentarios (6) - Categoría: Sen novidade no frente - Publicado o 08-04-2007 01:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Aiaiaiai, non deas ideas! Hahaha, do Vigo-Bronx#blgtk08# ao Vigo mais pijo, que cidade de contrastes :P
Dixo Patrieira (09-04-2007 13:14)
2 Se hai un político galego (?) que deteste con absoluta devoción ese é a amiga Corina Po#blgtk08#rro sobre todo porque non da arrincado coa campaña para a legalización do seu apelido.
Dixo a randeeira (09-04-2007 19:34)
3 Pois ameazan con darl#blgtk08#le maioría obsoleta.
Dixo A vida en Ponteareas (10-04-2007 21:53)
4 Pois sim tío, flipei o sábado passado quando vim dous focos por árbore, é demassiado, esta tipa está fazendo uma desfeita coa cidade :S menos mal q está o cambio climático de moda, mas nem assim pensa q aforrar energía seja importante...
Ademáis de ser uma jardinheira frustrada, esquézes-te da súa hazanha cos transeúntes e sem teito q estavam na praça da Pri#blgtk08#ncesa fai ums anos co seu cartão de vinho...Quitou os bancos onde sempre estavam e agora eles/as estám numa das fiestras da Biblioteca Pública, um pouco máis agochados e se não vas ao nosso demacrado e cutre casco velho não tes pq ver esse tipo de pessoas...(suponho q isto foi o q pensou quando dezidiu quitar os bancos, pq outra razão não a entendo).
Beijos!
Dixo raparigha (14-04-2007 10:16)
5 Hahahaha, iso da contaminación lumínica xa o comentáramos unha vez, a propósito dunha desas árbores, o noso mestre e uns cantos de clases de fotografía... cona, qu#blgtk08#e tamén teremos dereito a estar a escuras digo eu...

Moita árbore e moito tulipán na gran vía pero a mesma merda de sempre.

Saúde!!!!
Dixo Wen (18-04-2007 19:26)
6 Sempre que leo/escoito algo sobre a alcaldesa de Vigo non podo evitar que se me veña á cabeza iso de: "Corina Porro, te vamos a fumar!!" XD
#blgtk08#/>
Por outra banda... verniz nas pedras??? Xa postos que lles pase unha capiña ás árbores e ás frores, non si? Este mundo está tolo!!
Dixo Suso (21-04-2007 01:43)
E ti que dis?
Nome:
Correo-e: (Non aparecerá publicado)
URL: (sempre con http://)
E digo eu...:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0