o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FESTIVAL DA LUZ EN BOIMORTO
A cantante Luz Casal organiza unha fin de semana de concertos moi interesantes na súa aldea natal de Boimorto, co que pretende tamén chamar a atención da necesidade de impulsar o rural.



Se queres consultar o programa, aparece nesta noticia de Galicia Hoxe:
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/luz-casal-leva-boimorto-festival-da-luz/idEdicion-2012-09-06/idNoticia-764491/

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 14-09-2012 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
ESCOITA AS CANCIÓNS QUE CONCURSAN NO CANTALINGUA 2012
http://www.cantalingua.org/
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 10-04-2012 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
CELTIC ROOTS
Acaba de editarse este disco no que colabora Xosé Manuel Budiño xunto a outros recoñecidos músicos irlandeses. As cancións son interpretadas por nenos/as irlandeses e galegos.


Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 16-02-2012 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
THE HOMENS
Remexendo por internet, encontrei un bo grupo Compostelán de un xénero musical chamado Power Pop. Este xénero toca dous vértices: o pimeiro, poder facer música do xénero Pop en Galego sen ningún tipo de complexo; e o segundo, ter o compromiso coa libre difusión da cultura, xa que podes descargar as suas cancións na propia paxina web do grupo. (Aquí vos deixo un link coa dirección :

http://thehomens.com/
E tamén unha das suas cancións máis recoñecidas:



Xosé Carlos García Pérez
4º ESO
Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 26-01-2012 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
CANTOS DE NADAL E REIS
Xa que se vai achegando pouco a pouco o Nadal, aí van algúns cantos tradicionais de Nadal e Reis. Comezamos co "Nadal de Luintra" de Berrogüeto

Comentarios (2) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 18-11-2011 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0