o trasno paroleiro


BLOG DO EDLG DO CPI DE PONTECESURES
Camiñando ao noso pé polos corredores, pendurado das trabes do centro ou diluído na trasparencia dos vidros cando quere quentarse ao sol nas frías mañás de xaneiro, vive entre nós este trasno falangueiro. Chegou ao colexio cando este aínda era un terreo ermo no que non paraban os enlouquecidos ventos do outono. Logo coouse co seu fardel de sons entre as paredes de tixolo acabadas de levantar e xa non quixo marchar de aquí. Aprendeu axiña o noso idioma e colleulle tanto agarimo, que o que máis lle gusta é perder o tempo debruzado no peitoril das xanelas escoitando falar a rapazada. Agora tamén enreda nos ordenadores e, sen saber moi ben como, caeu dentro deste blog. Fachendoso como é, púxolle o seu propio nome e seica pensa facer reverdecer nel o noso falar.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

BENVIDA A UN NOVO CURSO CO HIT DO MOMENTO: A BERTOLINA


E aquí tedes outro dos éxitos dos mesmos autores: "O Fertimón", o Wrecking Ball galego:

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 14-09-2014 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOCLIP DO CPI DE DODRO
Baseándose na canción de Nancy Sinatra, o alumnado de 3º de ESO do CPI de Dodro, preséntanos este divertido videoclip:

Comentarios (1) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 04-04-2014 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
MÚSICA PARA E. INFANTIL
Aquí vos deixamos varios enlaces para que cantedes:

http://coordinadoraendl.org/musicainfantl/index.php


E aquí temos unha proposta de Chouteira para canto de reis:



Aquí podedes consultar a letra desta canción:

http://www.coordinadoraendl.org/nadal2012/recursos/doc/musica-ocometido.pdf

Ou estoutra de Mamá Cabra:

http://vimeo.com/31655397


Aquí vai esta do Xabarín Club:

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 18-11-2013 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
AID NO CPI DE PONTECESURES
O día 6 de xuño tivemos a oportunidade de coñecer a cantante viguesa de hip hop Aid. Nun obradoiro ao que acudiu o alumnado que se apuntou este ano no Equipo de Normalización Lingüística, explicounos o que é para ela o rap e o hip hop, falou das orixes deste movemento musical, cantou algún dos seus temas coa colaboración do alumnado e compuxemos entre todos unha letra para unha canción.

Se queredes escoitar temas seus, deixámosvos este enlace:

http://www.myspace.com/aid8990

Deixamos aquí unha foto da súa visita e tedes máis sobre este evento na fotoblogoteca.



Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 06-06-2013 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOCLIP DA CANCIÓN "QUÉROTE MÁIS" DO GRUPO O SONORO MAXÍN
Non deixedes de ver este divertido vídeo do grupo ourensán:


Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 23-05-2013 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
GUEZOS AO FESTIVAL DE ORTIGUEIRA
Ti podes facer que Guezos estea nun dos festivais folk máis importantes do mundo, o Festival do Mundo Celta de Ortigueira.
GUEZOS é o único representante galego que ten opcións de participar no escenario RUNAS, destinado á difundir e promocionar a grupos emerxentes aínda non consagrados.

O xeito de axudar é moi simple:

pinchar nesta ligazón, meter un sinxelo código de seguridade e darlle a "votar". Pódese facer unha vez ao día e ata o 25 de abril.

Moitas grazas!

http://www.festivaldeortigueira.com/grupos/runas_interior.php?id=200&lg=gal


Se queres escoitar algo do grupo, aquí tedes un vídeo:

Comentarios (0) - Categoría: O FARDEL DOS SONS - Publicado o 17-04-2013 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0