O grupo de Teatro Lúa do Sul está na actualidade a representar a obra “Misericordia” de Benito Pérez Galdós.

Teatro Lúa do Sul
teatroluadosul@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

A Montaxe de `Misericordia´

Esta montaxe é un impresionante fresco que o grupo adaptou ao Vigo de principios do século XX. Tratase dun universo marxinal poboado de personaxes trazados coa mano mestra entre os que destacan Benina, -símbolo da caridade-, e o misterioso mendigo Mordejai. Fantasía e verdade; soño e realidade; naturalismo e esperpento fúndense habilmente neste relato.

"Eu non facía mais que pensar na señora, en se tería fame ou se estaría soa"

Nesta adaptación de ?Misericordia?, reflíctese o que hoxe chamamos ?esperpento?. Aí está esa corte de mendigos a pidir esmola na porta da igrexa da Colexiata para salientar o teatro do absurdo, remarcado na relación entre Benina e a Señora que dende os seus soños imaxina e imaxina, comilonas, riquezas, ouros, pratas... no desvarío da súa fame. Ou o tolo invento dun canónigo que logo resulta ser real. Pero sobre todo, atopamos o teatro da crueldade. ¡Que Mais teatro da crueldade pode haber na biografía desta criada que, como pago ó ben que tenta repartir, acaba pechada na Casa da Misericordia!

Pero esta montaxe non tenta concluir unha historia ou o desenlace dun argumento, senon a bondade, -aquí a de Benina-, no seu estado mais puro; aquela bondade que non agarda recompensa. A ingratitude, a dor e a ilusión dunha vida mellor
Comentarios (0) - Categoría: Obra: Misericordia - Publicado o 29-05-2012 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
teatroluadosul@gmail.com: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0