O grupo de Teatro Lúa do Sul está na actualidade a representar a obra “Misericordia” de Benito Pérez Galdós.

Teatro Lúa do Sul
teatroluadosul@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Historia do grupo de teatro Lúa do Sul
?TEATRO LÚA DO SUL?

TRAXECTORIA DO GRUPO


Comeza a súa andaina no ano 1.975, conformándose como unha Asociación, baixo a dirección de Darío Alvarez Valadares.
Principia coa montaxe da obra ? Os vellos non deben namorarse?, de Castelao. Posteriormente, e logo de representacións sucesivas por distintas vilas e cidades da provincia de Pontevedra, prepara as seguintes obras e estrea:

-No 1976 ?Anxélica no umbral do ceo?, de Eduardo Blanco Amor.

-No 1977. ? Vaguedades da nosa terra ?, de Rosalía de Castro; Curros Enríquez; Manuel María; Eduardo Pondal e Celso Emilio Ferreiro.

-No 1979. ? Divinas Palabras ?, de Ramón María del Valle Inclán.

-No 1982. ?A casa de Bernarda Alba ? de Federico García Lorca.

-No 1984. ? As arrecollidas do beaterio de Santa María Exipciaca de Granada?, de Martín Recuerda.

-No 1986. ? Romaría as covas do demo ?, de Manoel Lourenzo.

-No 1987. ? Lexionaria ?, de Fernando Quiñones.

-No 1990. ?Ierma?, de Federico García Lorca.

Todas as subliñadas representacións se levan a cabo en distintas localidades de Galicia. Coas obras ?Divinas Palabras? e ?Romaría as covas do demo?, participou na ?Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia?.

A partir do ano 2000, o Grupo suspende a súa actividade ata o ano 2009 que conformándose con novos actores procedentes de distintas asociacións retoman a preparación dunha nova montaxe, ?Misericordia?, de Benito Pérez Galdós, que é a que na actualidade está a representar, tra-la súa estrea na vila de Redondela.
Esta montaxe é un impresionante fresco que o Grupo ten adaptado ó Vigo de principios do século XX.
Trátase dun universo marxinal poboado de personaxes trazados con man mestra entre os que salienta Benina, -símbolo da caridade, e o misterioso mendigo Mordejai. Fantasía e verdade; soño e realidade; naturalismo e esperpento fúndense hábilmente neste relato.

NA ACTUALIDADE
Representa a obra ?Misericordia?, de Benito Pérez Galdós. A súa estrea levouse a cabo o sábado 1 de outubro do 2011, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira, en Redondela. O 27 de xaneiro do 2012 no Teatro Principal de Ourense.O 5 de maio no C. Civíco de Teis. O 6 de maio no C. Cultural de Valadares. O 20 de maio no C: Cultural de Beade.

DATOS DO GRUPO
Nome: GRUPO DE TEATRO ?LÚA DO SUL?, ? VIGO C.P.: 36213.
Enderezo : Camiño dos Aires nº 2, Portal 1, Ático.
Blogoteca.com/teatroluadosul
Email: luadosul@terra.es
Portavoz : Dario Álvarez Teléf.: 649 884 567.
Xestión: Josefa Costas Teléf.: 620 504 411
Nºde compoñentes : 13.
Titulo da montaxe actual: ?Misericordia ?, orixinal de Benito Pérez Galdos
Duración : 130 minutos. Xénero : Traxicomedia .
Aire libre: Si.

NECESIDADES TECNICAS
Dimensións do escenario: 11m / 8m / 7m.
Montaxe 2 horas, desmontase 1 h e 30 minutos.
Tomas de corrente : 25.000 W / .

Comentarios (0) - Categoría: Teatro Lúa do sul - Publicado o 15-06-2012 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0