@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Miramos algún documental máis..
A semana pasada, e como estivemos falando do turismo, e dos monumentos en Galicia, miramos un pequeno fragmento dos documentais de Ciudades para el siglo XXI.
Comezamos mirando un fragmento do documental correspondente á cidade de Ourense, pero tamén miramos outro fragmento das cidades de Vigo por ser a máis próxima a Ponteareas e de Santiago de Compostela, por ser a capital da Comunidade Autónoma de Galicia.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 12-06-2011 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o turismo e Galicia.
Estes días en coñecemento do medio estamos traballando un pouco sobre os monumentos que temos en Galicia e a grande riqueza tanto natural como histórica que ten a nosa comunidade.
Onte miramos algunhas fotos, e como a profe é de Ourense púxonos este pequeno vídeo da cidade onde vive:


Tamén miraremos algún video sobre Vigo, a cidade máis cercana a Ponteareas, e sobre a capital , Santiago de Compostela.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 07-06-2011 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
O recuncho da convivencia.

A semana pasada estivemos traballando a palabra TOLERANCIA xa que dende a comisión de convivencia nos propuxeron unha actividade como xa vos explicamos.
Escribimos a palabra tolerancia en galego/castelán ( xa que se escriben igual) en inglés e en portugués.
Este é o resultado final, con todas as palabras de cada unha das aulas do cole.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 05-06-2011 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Conferenciando...
O pasado día 2 de xuño, tivemos outras dúas magníficas conferencias, as dúas relacionadas cos animais.

Aida por unha banda falounos da relación entre as persoas e os gatos, e explicounos un pouco como deberíamos tratalos, e os coidados que precisan cando son moi pequeniños, pero sobre todo a relación que debemos ter con eles.

E Erik falounos dunha raza de cans, que se chama Ratonero Mallorquín , e tamén nos trouxo unhas pequenas fotos desa raza para que a identificasemos, falounos de como son, do porqué do seu nome, das súas características físicase describiunolo moi ben, despois ensinounos as fotos, Erik ten unha cadeliña desta raza, e hai pouco que tivo crías, polo que é todo un experto no tema.

E desta volta tivemos de público invitado ós nenos e nenas da clase de 5 ANOS que viñeron acompañados coa súa profe a escoitar as conferencias, e que se portaron moi ben e estiveron moi moi atentos, moitas grazas por vir.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Conferencias - Publicado o 05-06-2011 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS IR DE EXCURSIÓN A MARCELLE
O próximo venres día 10 imos ir de excursión ó Parque da natureza de MARCELLE onde imos ver un montón de animais distintos e ademais faremos actividades variadas.

Acó vos queda un link á páxina web de MARCELLE

Que ben o imos pasar!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 02-06-2011 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0