Hoxe, por fin, inauguramos o noso CICLO de conferencias, tocoulle comezar ó noso "axudante do día" HUGO.
A conferencia de Hugo foi moi moi interesante e completa,o tema que escolleu foi o da MÚSICA: ademais de darnos algúns datos que non coñecíamos, e falarnos da evolución da música e os instrumentos, sobre algúns compositores, e a música que a el lle gusta... fíxoo dun xeito claro, e preciso.
Ademais para inaugurar o noso ciclo de conferencias, contamos cun público excepcional, acompañáronnos tamén os nenos e nenas da clase de 1º.
Gustounos a todos/as moito.. mirade que atent@s estaban tod@s:
E ó final démoslle un forte aplauso para demostrar o moito que nos gustou...