@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A visita da clase de 3 anos.

Lembrades que o día 24 viñeron os nenos e nenas da clase de 3 anos a facernos unha visita??
Ese día explicámoslles o que estivemos traballando sobre Haring, e as nosas obras e creacións, e bailamos un pouco tamén...

Pois a profe Elisa quitou unhas pouquiñas fotos e fixo este pequeno vídeo que colgou no seu blogue, CATIVADAS DE OLIVEIRA

E xa sabemos o que fixeron coa copia da obra de Haring que lles agasallamos: pintaron o corazón de COR VERDE,(que simboliza esperanza,amizade, tranquilidade..) o día que celebraron a súa festa da COR VERDE
Acó vos queda o pequeno vídeo que fixo a profe Elisa:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 05-12-2011 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
E xa estamos en decembro.
E imos comezar a preparar o Nadal. Hoxe miramos este pequeno vídeo sobre a figura do APALPADOR .

Acó vos queda. Boa fin de semana.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 02-12-2011 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe é o aniversario de Vicky

Hoxe Vicky cumpriu 6 anos.
Fixémoslle un debuxiño e pintou a súa coroa, ademais trouxo unha tarta de chocolate e galletas que estaba requeteboísima.

E un pequeno agasallo para cada un.
Moitas grazs Vicky por compartir con nós tantas cousas.
Parabéns !!!!

COMENTARIOS (5) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 01-12-2011 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0