Hoxe os nenos e nenas de 3º e 6º achegámonos ás instalacións do CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS para unha xornada de ED. VIAL.
Organizada pola Deputación e coa colaboración do Concello, a DXT e a Policía Local de Ponteareas.
Aínda que nos fixeron agardar un anaco, e xa nos desesperabamos da impaciencia!!!, foi unha xornada divertida, interesante e moi instructiva.
Despois de facer de peóns, de ciclistas e de conducir os pequenos coches vimos tamén 3 vídeos sobre a importancia do cinto, de circular correctamente, das medidas de seguridade necesarias e do respecto cara os e as ciclistas.
Acó vos quedan unhas poucas fotos do evento.
Xa sabemos moitas cousas doutros anos, este curso recordaremos algunhas coma a PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS e a importancia de ter uns hábitos saudables.
Onte tocounos falar na radio escolar, e fixémolo sobre este tema.
Para ambientar a nosa intervención utilizamos a canción da " Horta de Balbina" de Maria Fumaça.
Outra das cancións relacionadas cos alimentos que nos gusta moito é a de "Pan de millo" de Migallas.
Ademais xogamos cun LIM sobre o mercado ( do Calvario , en Vigo) que nos gustou moitísimo e co que aprendemos vocabulario e problemas con euros.
A próxima semana veremos algún vídeo relacionado co tema.
Seguiremos informando!!
O espectáculo gustounos moito moito, e ademais tratou unha temática coma a do ALZHEIMER dende unha perspectiva próxima, e moi entendible para o alumnado, ademais de facelo con moito agarimo.
Acó vos queda un pequeno resumo que o grupo Migallas colgou na súa páxina:
O curso pasado traballamos cos números ata 1.000 é dicir: unidades, decenas e centenas.
Este curso imos traballar os números ata o millón, (1.000.000) é dicir: unidades, decenas, centenas, unidades de millar, decenas de millar e centenas de millar...
Xa sabemos que entre as centenas e as unidades de millar hai que colocar un "punto" para que nos resulte máis cómodo ler os números.
E agora imos comezar a traballar con máis profundidade o VALOR POSICIONAL dun número.
Acó vos queda este vídeo explicativo que vimos hoxe, interesante e explicativo de