@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Liñas poligonais

Estes días estamos traballando sobre as lineas poligonais, tanto abertas como pechadas, liñas rectas, puntos.. É un tema un pouco complexo de entender , polo que imos precisar a axuda dun excelente pintor chamado KANDINSKY que pintou moitas moitísimas liñas de todos os tipos en todas as cores..

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 12-11-2010 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
MP e MB

Estes días estamos traballando un pouco máis as grafías MP e MB , déixovos un programiña/xogo feito con LIM que argallaron dende o Ceip Frian-Teis.
Acó vos queda a dirección (linkade en MP MB) para ir á aplicación

MP MB
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 12-11-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Plantando e transplantando
Recordades a SORPRESA que recibimos hai pouco..
Pois o pasado venres, o día que celebramos o magosto tamén estivemos traballando coa natureza...
os nenos e nenas de Infantil de 5 anos, 1º e 2º fixeron de xardineiros plantando e transplantando as sementiñas e as pequenas árbores que nos enviaron dende NICKOLÓGICO para así poder traballar sobre a importancia das plantas, e do coidado do Medio Ambiente.

Pasámolo moi ben, poñendo a terra, o sustrato, as sementes, as árbores ( con sorpresa de vermiño incluída) e regando.. acó vos queda unha pequena presentacion para que vexades os bos xardineiros/as que somos.




Tamén o podedes mirar dende o blogue do
COLEXIO
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 11-11-2010 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
O noso magosto
Non era sen tempo, que no cole fixemos tamen o noso magosto, a nosa castañada..
Traballamos un pouquiño sobre o tema na clase e fixemos uns mini bolsiños de cartolina para meter as nosas castañas asadas.
Pasámolo moi ben.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos.




E acó vos queda o slide que fixeron para o blogue do centro:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 09-11-2010 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
O MURAL COAS MEIGAS
A semana pasada rematamos co mural, e puxemos todos os magos e meigas que trouxeron os nenos e nenas,e as das profes que tamén fixemos a nosa, cunha foto de cando eramos pequenos.
Acó vos queda unha pequena presentación co mural tan chulo sobre o SAMAÍN.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 05-11-2010 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
SORPRESA !!

Hoxe na hora do recreo chegaron uns misteriosos paquetes sorpresa ó noso cole.
Eran para as clases de 5 anos, 1º e 2º...

Dous kits para cada aula!! para poder sementar e tamén transplantar unha pequena árbore, e unha unidade didáctica, e un calendario escolar..Bob Esponxa e Dora Exploradora, os pingüíns de Madagascar eran os protagonistas.
Se queredes máis información acó vos queda un link ó blogue do noso COLEXIO

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 04-11-2010 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0