Hoxe estivemos falando da importancia dos simulacros de evacuación no caso de que se produzan situacións como incendios ou inundacións no noso centro...
Falamos do protocolo que deberíamos seguir no caso de que se produza unha alarma.. Por onde temos que sair do centro e cara onde temos que ir.
Ademais xa sabíamos que hai que chamar o 112 en caso de emerxencia.
E ademais miramos iste vídeo que é moi ilustrativo divertido e ten un RAP!!
Aínda que é un material específico para Educación Infantil, a Ratiña Lola é moi divertida e con ela aprendemos a utilizar o rato e ademais vocabulario algún vocabulario en galego.
Pasámolo moi ben!!!
Comezamos a utilizar iste programa o curso pasado, co alumnado de 1º e 2º de primaria.
Os resultados obtidos con CLASS DOJO foron altamente positivos tanto para o alumnado coma para as familias.
Iste curso tamén o imos utilizar, agora coa nova clase de 1º, xa elexiron os seus "bonequiños"...
Acó vos queda un pequeno titorial en Inglés ( hai que subtitulalo).