Hoxe estivemos mirando a páxina de Meteogalicia para ver o tempo para o día de hoxe e para o día de mañá.
Miraremos a previsión do tempo durante dúas semanas para ver as coincidencias.
Ademais miramos o espazo do tempo do telexornal da CRTVG de onte para ver se as prediccións eran correctas.
Falamos un pouco de prediccións, de satélites, tempo de isas A e B que aparecen nos mapas e da forza do vento.
A semana pasada xa comentamos nun artigo do blogue do cole que hoxe ía visitarnos Paco Nogueiras, tivemos unha sesión moi interesante e divertida con el os nenos e nenas de ED. Infantil e 1º de Primaria.
Falounos especialmente do libro CANTAROLASaínda que tamén nos ensinou outros libros moi interesantes. Cantamos, recitamos e pasámolo xenial. Foi moi moi divertido!!!
Acó vos quedan unhas poucas fotos da sesión que compartiu o xoves con nós:
Achégase o Nadal e iste ano estamos aprendendo cousas sobre a figura do Apalpador. pintamos, coloreamos, miramos vídeos, contos, escoitamos historias...
E tamén fixemos algunha das actividades divertidas que ten iste Symbaloo que fixo unha profe chamada Belén Junquera.
De todos os vídeos e cancións que vimos o que máis nos gustou foi ista canción recollida no disco BRINCA VAI de Paco Nogueiras.
Acó vos queda:
Comezamos falando das nosas comidas favoritas e porqué o son, e agora estamos averiguando que é o que sabemos sobre os alimentos, de onde veñen, como son... qué nos aportan...
E para comezar con todo isto o primeiro é averiguar o que xa sabemos... para ver que máis podemos aprender ..