|
|
|
Fin do proxectiño dos caracois. |
|

Hoxe comemos caracois doces...
Bueno, non eran exactamente caracois...
eran ensaimadas pequenas..
con forma de espiral..
E despois desta degustación rematamos o noso miniproxecto sobre caracois.
O máis destacable quedou recollido nun recunchiño da nosa aula,
POEMA EXPERIMENTAL incluído |
|
|
|
O CALIGRAMA DO CARACOL |
|
 Hoxe fixemos un CALIGRAMA como non podía ser doutro modo dun caracol.
Aquí vos queda un pequeno video que imos ver mañá sobre os Caligramas:
Aquí tedes o noso primeiro poema experimental do curso : O CALIGRAMA DO CARACOL |
|
|
|
Xogos |
|
Estes días algunhas mamás preguntaron
sobre algún xogo educativo para que poidan
xogar na casa e ademais aprender un pouco...
Aquí vai unha pequena escolma aínda
que hai moitísimos máis.
O da páxina web da xunta de Andalucía está moi ben e moi completo,
ten moitas actividades variadas e divertidas.
PÁXINA XUNTA DE ANDALUCÍA
Logo tamén está a VACA CONNIE
Na páxina da XUNTA DE GALICIA tamén tedes unha serie de xogos:
como un aforcado ou unha especie de trivial, chamado o preguntoiro
Aquí tedes tamén unha aplicación JCLIC para traballar PAÍS DAS LETRAS
E tamén está o Bosque das Actividades da Xunta de Castela e León.
E por último, xa que estamos no Outono,
queda tamén esta páxina con actividades
sobre o

OUTONO |
|
|
|
Atopamos un caracol! |
|

Hoxe Yoel atopou un caracol no recreo, e subiuno á clase.
Seguramente tiña medo porque non saiu da súa cunchiña en todo o tempo que o tivemos.
Estivemos mirándoo e concluímos que debía de ser noviño, xa que as espirais da caracola eran poucas, e era pequeno.
Pensamos en deixalo na clase e poñerlle folliñas e auga, pero logo pareceunos que ata o martes era moito tempo para que o caracol estivese so, e igual afogaba de calor.
Asique ó final decidimos deixalo no patio de novo.
Tivemos que "votar" a ver onde o iamos deixar, e non nos poñíamos dacordo ata que ó final decidimos que quizais preto de onde sae a auga da fonte era un bo lugar..
Seguirá o martes alí? ou xa se aventuraría a percorrer o mundo? |
|
|
|
Landriña |
|
 Hoxe ademáis de traballar un pouco a letra R e o rrrrrruído que fai,
fixemos tamén algo para decorar a nosa clase:
¡¡¡Unha LANDRA!!!
A que quedaron ben chulas?
Son unhas landras moi moi psicodélicas!!!
Xa que estamos no Outono, e os caracois seguramente se atopan con máis dunha landriña no seu camiño...
Hoxe pintamos, cortamos e pegamos a nosa propia landra.
A tarefa de hoxe consistía en preguntar na casa:
que árbol é o que da landras ???
Porque non houbo moito consenso,
e sairon palabras como castiñeiro, ou "landreiro" pero...
mañá saberemos a resposta.
Aquí vos queda un video de animación, sobre as estacións , de FLOCOS.TV
FLOCOS.TV |
|
|
|
Os sons do outono |
|

O venres estivemos falando dos sons do outono, escoitando sons, escoitamos , o son da chuvia, tormenta, paxaros, un monte, do vento, e tamén o das follas..Ah! follas caducas,claro!
Ai! pero aí xurdiu unha dúbida, escoitanse igual as follas cando se pisan que cando se apreixan?
Había moitas dúbidas asíque... baixamos ó patio e averiguámolo nós mesmos...
|
|
|
|
Poema Caracoliano |
|
Hoxe traballamos este poema de FEDERICO GARCÍA LORCA ,Lorca foi un poeta de Granada
( e Granada, está na comunidade autónoma de Andalucía)
e escribiu 6 poemas en galego.
Esta é unha traducción do seu poema ó galego
Balada do Caracol Negro
Caracois negros.
Os nenos sentados
escoitan un conto.
O río traía
coroas de vento
e unha serpe grande,
dende un tronco vello
miraba ás nubes
redondas do ceo.
Neno, meu pequeno
Onde estás?
Síntote no corazón
e non é certo.
Lonxe
Agardas que saque
a túa alma do silenzo
Caracois grandes.
Caracois negros
Federico García Lorca
Buscamos a palabra caracol e caracois no texto e as rodeamos, e tamén as vogais.
|
|
|
|
E esto é o que di Petete sobre os caracois. |
|
Petete? A profe dixo que o botaban cando era pequena...
Que é Petete? Esta versión é da TV arxentina
|
|
|
|
|
|
|