O día 8 de marzo conmemórase o día da muller traballadora.
Seguramente cando os soldos e a igualdade de oportunidades
para homes e mulleres sexan as mesmas, a celebración deste
día carecerá de sentido.
Pero polo de agora...
imos traballar un pouco a temática.
Xunto cos nenos e nenas de 2º o pasado fin
de semana levamos para a casa un
pequeno cuestionario sobre os xoguetes
cos que xogaban os nosos avós e avoas,
os nosos pais e nais e cos que xogamos nós...
Haberá xoguetes para nenos
e xoguetes para nenas ¿¿¿... ???
E mañá imos traballar un pouco o tema e ademais imos escoitar esta canción
do Xabarín Club que tamén está relacionada.