|
|
|
Puzzles |
|
 A semana pasada chegaron uns puzzles novos á clase, e son un pouco complicados, pero como xa case está rematando o curso, cun pouco de esforzo conseguimos facelos.
Hoxe quixemos tirarlles unha foto e subila ó blogue para que os poidades ver na casa.
|
|
|
|
O venres veu un contacontos |
|
O venres veu ó cole, un contacontos a contarnos unha historia sobre un león..
que facía moitas cousas e moito moito exercicio, pero que non quería cazar porque dicía que todos os animais eran os seus amigos...
Fomos os de infantil, nós e mais os de 2º de primaria.
Foi divertido |
|
|
|
O RÍO TEA !! |
|

Os "deberes" para hoxe eran: preguntar na casa como se chama o río
e regatos que "pasan" por Ponteareas.
Xa sabemos como se chama o río que pasa por Ponteareas é o río TEA.
O rio Tea é un afluente do rio Miño.
Ten 50 kilometros de lonxitude mais ou menos...
Nace na Serra do Suido ( que fai fronteira entre provincias de Pontevedra e
Ourense)
No Tea pódense atopar lampreas, troitas, bogas, salmóns e ata nutrias...
E ás veces desbórdase.
(Escrito por Diego,Rubén, Enrique, Erik e Hugo) |
|
|
|
A paisaxe |
|
Hoxe comezamos a traballar sobre a paisaxe, o entorno o que nos rodea..
Comezamos falando de Ríos, e xa sabemos cal é o río máis longo de Galicia e agora xa sabemos porque a bandeira de Galicia é como é e a diagonal azul representa ó Miño.
Tamén falamos do río máis longo e do máis caudaloso do mundo.
E ademais de deberes para mañá temos que preguntar na casa como se chaman os ríos ou regatos que hai onde vivimos.
Acó queda un video que miramos sobre paisaxe en Galicia
|
|
|
|
ESTAMOS DE VACACIÓNS... |
|
 Pois iso, o que din os Bolechas, de Pepe Carreiro.
Estamos de Vacacións ata o próximo MARTES 6 DE ABRIL.
Agora toca descansar, xogar, pasalo ben e traballar un pouquiño.
BOAS VACACIÓNS! |
|
|
|
Os ovos de Pascua... |
|
 Esta semana coa teacher Nuria fixemos unha postal de Pascua,
e decorámola con ovos,
que son típicos destas datas.
Hoxe na clase estivemos falando tamén das "Monas de Pascua" e da tradición que hai nalgúns países de decorar , esconder e agasallar os Ovos de Pascua.
Miramos un video que explicaba como se fan eses oviños tan ricos e logo a profe escondeu pola clase uns oviños e uns coelliños de chocolate e tivemos que atopalos, para comelos despois.
E que ricos que estaban !!!.
Acó vos queda unha foto ,de antes de papalos claro!
|
|
|
|
Hoxe vimos un video. |
|
Hoxe vimos unha curta de animación, das que hai na web de FLOCOS titulada:
A escola das Areas
Acó vos queda por se lle queredes botar un ollo:
|
|
|
|
HOXE VEU Á NOSA CLASE MARÍA... |
|
 HOXE VEU MIÑA NAI Ó COLE A EXPLICARNOS
COMO LAVAR AS PRENDAS DE ROUPA
E OS TIPOS DE LIMPEZA,E PORQUE ALGÚNS
SON MÁIS CONTAMINANTES CA OUTROS.
E TAMÉN NOS FALOU DAS ETIQUETAS.
EU SON CRISTIAN.
(Nesta foto a mamá de Cristian, que traballa nunha lavandeiría e sabe
moito do tema, con todos nós. Graciñas por vir)
|
|
|
|
|
|
|