@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sobre os incendios.
Hoxe voltamos ver o video que puxemos onte no blogue,os nenos e nenas de 2º invitáronnos a velo na súa aula con eles.

Por outra banda, tiñamos certas dúbidas,
de porqué había que pechar as fiestras
en caso de incendio.

Asique a profe buscou un chisqueiro,
un vaso de cristal e unha vela para explicarnos que o lume precisa do osíxeno para expandirse.


Polo tanto se o lume non ten osíxeno remata por apagarse, e iso foi o que lle sucedeu á vela, unha vez que lle puxemos o vaso de cristal enriba.
Por iso é tan importante pechar as fiestras en caso de incendio, para que o lume non teña osíxeno e non se extenda


Coma onte Yoel non veu, tamén lle ensinamos onde están os extintores, as luces de emerxencia e a toma de auga no noso andar.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 11-06-2010 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Simulacro de Emerxencia.
A semana que vén imos facer un simulacro de emerxencia a nivel de Centro.
Esta semana estamos traballando un pouco o tema, hoxe miramos o plano da nosa aula e commo temos que evacuar, miramos onde están situados os
extintores na nosa planta e tamén onde están as luces de emerxencia.
E falamos tamén de que temos que facer,se por exemplo hai un incendio.
Vimos tamén algúns videos relacionados co tema, algúns moi graciosos, outros máis serios.

Acó vos queda un exemplo.



Ademais falamos dos números de teléfono ós que temos que chamar cando haxa unah urxencia: bombeiros, policía , ambulancia, pero especialmente ó 061 e ó 112
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 10-06-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe é o meu aniversario.
Ola, chámome Hugo.
Hoxe é o meu aniversario.
Cumplo 7 anos.
Vanme regalar un boneco con unha mascota.


(Hoxe Hugo está de aniversario e celebrámolo na clase,
trouxonos un pequeno agasallo
para cada un,
moitas grazas!)


Parabéns.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 09-06-2010 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe non tivemos clase...
Porque son as festas do Corpus en Ponteareas.
Acó queda unha noticia do
FARO DE VIGO sobre a festa.

Tamén tendes un link un pouco máis abaixo que explica un pouco a tradición desta festa, da que quizais o máis coñecido sexan as ALFOMBRAS FLORAIS.
As festas do Corpus en Ponteareas
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 07-06-2010 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Flores de todas as cores
Estes días temos un pequeno recunchiño da aula con flores que foron traendo algúns dos nen@s da clase.
Diego e Melisa, trouxeron unhas hai un par de semanas, e xa murcharon.
Estes días temos as flores que trouxo Alex, ou as que trouxo Raul, e hoxe Yoel trouxo unha "flor da paixón" e estivemos indagando sobre o porqué do nome desta flor.
Acó vos queda unha foto do noso recunchiño.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 02-06-2010 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
O festival das letras Galegas
O pasado venres 21, celebramos o festival das letras galegas.
Que como xa sabedes estivo adicado a Uxío Novoneyra.
Trocamosmos desta volta de escerio e acó vos queda
unha pequena presentación
de fotos dese día, feita dende
o equipo de TIC.
Temos uns artistazas no colexio!!!!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 30-05-2010 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
O mércores fomos de excursión
Visitamos o planetario, que nos deixou moi impresionados, tanto ós maiores coma ós pequenos.
E despois xantamos, xogamos, xogamos e pasámolo moi ben.
E pola tarde fomos ata o Acuario, e miramos un montón de cousas, a quenlla Gastón, as focas, as estreliñas de mar, e un montón de cousas máis ...

O tempo acompañou, e pasámolo moi ben.
Acó vos queda unha pequeniña presentación de fotografías.

COMENTARIOS (2) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 21-05-2010 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
O PROXIMO MÉRCORES IMOS DE EXCURSIÓN.
O próximo mércores faremos a excursión de FIN DE CURSO

Iremos A CORUÑA todo o día para visitar: ?A Casa das Ciencias?e o ?Acuario Finisterrae ?

O prezo de esta saída é de: 15 Euros (Incluído o autobús e as respectivas entradas)

TEÑEN QUE TRAER COMIDA PARA MEDIA MAÑÁ,MEDIODÍA E A TARDE.
Os máis pequenos teñen que vir con roupa cómoda preferiblemente chándal.
Non poden traer bebidas en envase de cristal, os nenos e nenas que se maren sería convinte
que tomasen un chicle de biodramina(en farmacias).

HORA APROXIMADA DE REGRESO: ENTRE AS 20:30 E AS 21:00H., OS NEN@S BAIXARÁN NAS PARADAS: BOTAFUMEIRO, GÁNDARA, FÁBRICA, VOLTA, PORTELA, CELEIROS(NA CARIXA), CRUZ DO VALADO, PÍO, UMA (BAR OUTÓN), GUILLADE DE ARRIBA, PORTELA E CUMIAR.


COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 12-05-2010 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0