@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E chegou o outono
Época de vendimas.. época da matanza..de magostos e castañadas. E samaín!

A algunhas árbores caenlles as follas, algúns paxariños marchan a lugares onde non vai tanto frío..
A paisaxe muda, as follas teñen miles de cores...
Algúns animais prepáranse para durmir ó longo inverno..

Porque xa está aquí, xa chegou o Outono!

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 20-09-2010 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe é o aniversario de Yoel

Onte Yoel celebrou o seu aniversario con nós no cole.

Aínda que o día é o hoxe, xa ten 7 anos.
Trouxo un pequeno agasallo para cada un e cantámoslle e tirámoslle das orellas.




Parabéns Yoel!
COMENTARIOS (1) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 18-09-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos cartaz novo!

Pois si pois si.. como xa non estamos en 1º agasallámoslle ós nenos e nenas que este ano están en 1º o número un que fixemos o ano pasado, para que todo o mundo soubese que a súa é a clase de 1º.

E istes días despois de facer boliñas ( moitas boliñas..) e pegalas... xa temos o noso número dous,
para que todo o mundo saiba que a nosa clase é a de 2º.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 15-09-2010 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
AHHHHHHHHHHHH

Ahhh.. que cousa cousiña.. unha letra A ben chula e divertida.. para que será?
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 15-09-2010 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as clases...

Despois dun verán, para xogar, traballar, e pasalo ben.. toca voltar ás aulas.

O vindeiro venres día 10 comezamos... ( en horario normal, de 8:45 a 13:45)

E agora xa non somos de 1º, xa estamos en !!! (teremos que facer un cartaz novo para este curso)

Agardo que todos e todas veñades con moito ánimo e cos deberes feitos !!!

Un saúdo da profe.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 06-09-2010 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
A desfrutar do verán

Despois dun curso cheo de cousas.
E sobre todo despois de:
CREAR, APRENDER
LER , XOGAR
FALAR ,COMPARTIR
E DESFRUTAR.


Agora temos por diante un verán para pasalo ben descansar, e non esquecer todo o que aprendemos.

Asique ide gardando no voso sombreiro máxico algunha das experiencias que vos traia
o verán para compartilas con todos en setembro.

Bo verán.
Un bico da profe.

MAGIA. IVÁN FERREIRO
COMENTARIOS (2) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 25-06-2010 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de fin de curso
Acó vos queda unha pequena presentación do festival de fin de curso,
que foi elaborada polo equipo das TICs.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 25-06-2010 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos Populares
Hoxe despois do recreo baixamos ó patio todos os nenos e nenas do colexio e xogamos.. xogamos moitísmo.
Primeiro foron as carreiras de sacos, logo as de boliña con culler...
E despois por clases fomos rotando polos
diversos xogos que a nosa profe de ED. Física, Patricia, preparou
xogamos:
Á PETANCA
ÓS BIRLOS
ÁS CANICAS
Á CORDA
ÁS CHAPAS.


E pasámolo bárbaro.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 14-06-2010 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0