Nestas últimas semanas estivemos aprendendo e repasando as cousas que sabiamos sobre as plantas.
Recordamos as partes das plantas, os tipos que podemos atopar, falamos das formas das follas, das árbores, tamén se son de folla caduca ou perenne, aprendemos vocabulario e cousas novas , recordamos outras que xa sabíamos.
Froitas, verduras, hortalizas, que obtemos das prantas, o importantes que son para a nosa vida e moitas cousas máis.
Estamos repasando cousas que xa sabíamos e aprendendo cousas novas.
Aprendemos cousas sobre o esqueleto e algúns dos ósos máis importantes.
Tamén aprendemos cousas sobre os músculos.
Tamén aprendemos cousas sobre os distintos aparellos do noso corpo: o circulatorio, respiratorio e dixestivo, e locomotor.
Seguindo co proxecto do centro " UNHA VIAXE POLO MUNDO" e tendo en conta que o país que escolleu a nosa aula foi Portugal...
E xa que onte tocounos facer o "programa de radio" escolar, decidimos falar de figuras/personaxes importantes do país veciño.
Traballamos un pouco sobre as simetrías:
que son, como sabemos se unha figura é simétrica,os eixes de simetría,
como podemos facer simetrías, e tamén tentamos facer nós algunhas con témperas.
Descubrimos que os cadrados utilizemos o eixe de simetría que utilicemos,
sempre son simétricos!!!
Estamos familiarizándonos cunha nova forma de restar, xa sabemos restar!!!!.
Pero agora vimos que se o número do minuendo e máis pequeno que o do sustraendo, non podemos restar.
Solucións? A resta "levando" ou "con levadas"
Estos días estamos practicando un pouco, é un concepto complexo por iso é tan importante ter claras as decenas e as unidades.
Para axudar a entender este proceso miramos algúns vídeos moi explicativos.
Estes dous foron os que máis nos gustaron:
- So dura 45 segundos, non perdades detalle:
-Este dura algo máis pero tamén está moi ben explicado:
O pasado xoves , para culminar o mini proxecto que estivemos traballando sobre a VENDIMA as clses de 1º , 2º e 3º fixemos unha visita ás bodegas LA VAL , no concello de Salvaterra do Miño
Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas novas, sobre
as uvas que utilizaban (albariño) , os tempos da vendima , da colleita e o proceso de recolección, a fermentación, o embotellado,e moitas cousas máis...
Ademais o finalizar tiñannos preparada unha pequena "merendola" da que demos boa conta e un pequeno agasallo para cada un de nós. Moitas grazas!!!
O curso pasado traballamos coas regletas e aprendemos a diferenciar unidades e decenas ( aínda que é un concepto bastante complexo) e traballamos cos números ata o 100.
En segundo ó longo do curso traballaremos cos números ata o 1.000 e introduciremos un concepto novo : a CENTENA.
Hoxe tivemos un primeiro contacto con ese novo concepto, e miramos algún vídeo ilustrativo sobre o tema.
De todos os que vimos este foi o que máis nos gustou.