O curso pasado utilizamos o diccionario "online" tanto da RAG ( en galego) coma da RAE (en castelán)
Este curso estamos perfeccionando a nosa técnica de búsqueda no diccionario en papel.
Na páxina de "Bibiotecas Escolares de Galicia" atopamos este documento explicativo sobre o
uso do diccionario.
Que elaboraron no IES de Porto do Son.
Hai algunhas cousiñas que nos poden resultar interesantes.
Acó vos queda o documento:
Esta semana puxemos en marcha o préstamo da biblioteca e ademais na radio cada aula foi explicando quen é o/a artista que vai traballar no P.D.I que imos facer este ano "Un mundo de Cores"
Como xa puxemos anteriormente o artista que imos traballar é Urbano Lugrís.
Estes días na área de Ciencias estamos aprendendo algunhas cousas sobre a prehistoria.
Quedounos claro o feito diferencial que establece a diferencia entre "prehistoria" e "historia" e ademais falamos de 3 dos descubrementos máis importantes.
Miramos algún vídeo ilustrativo
E despois tiramos as nosas propias conclusións.
Falamos da liña do tempo, resolvemos algunhas dúbidas e seguimos buscando información.
Temos a sorte de ter preto do colexio o CASTRO DE TROÑA para poder observar un pouco como foi a vida dos nosos antergos.
Este curso somos a clase de terceiro.
Imos aprender e compartir un montón de cousas.
Polo de agora estamos repasando algunhas das cousas que xa sabíamos pero que o verán nos fixo esquecer un pouco e organizando as bases do que vai ser o traballo deste curso.
Seguimos coa proposta de Olirei dunha viaxe polo mundo.
Desta volta estamos preparando o ENTROIDO. Cada clase vaise disfrazar de algo representativo do país sobre o que está traballando.
E nós imos ir caracterizados de "Homens da Luta", coa canción que presentou Portugal no festival de Eurovisión no 2011, A LUTA É ALEGRÍA.
Para entender un pouco mellor a indumentaria deste grupo musical composto maioritariamente por actores. Tivemos que profundizar no porqué dos caraveis ( ou cravos ) que levan, as pancartas e as consignas.
Para iso vimos este vídeo que explica que foi iso da "Revolução dos Cravos".
Unha vez entendido o significado deses caraveis, e da roupa que levan que parece antiga... ( alá polo 1974) puxémonos a preparar os nosos disfraces...