
Hoxe Yoel atopou un caracol no recreo, e subiuno á clase.
Seguramente tiña medo porque non saiu da súa cunchiña en todo o tempo que o tivemos.
Estivemos mirándoo e concluímos que debía de ser noviño, xa que as espirais da caracola eran poucas, e era pequeno.
Pensamos en deixalo na clase e poñerlle folliñas e auga, pero logo pareceunos que ata o martes era moito tempo para que o caracol estivese so, e igual afogaba de calor.
Asique ó final decidimos deixalo no patio de novo.
Tivemos que "votar" a ver onde o iamos deixar, e non nos poñíamos dacordo ata que ó final decidimos que quizais preto de onde sae a auga da fonte era un bo lugar..
Seguirá o martes alí? ou xa se aventuraría a percorrer o mundo? |