Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas! |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Seguimos aprendendo sobre Urbano Lugrís. |
|
Na clase de TERCEIRO estamos aprendendo un montón de cousas sobre Urbano Lugrís.
Sobre a súa vida, investigamos un pouco e sabemos que:
-Naceu na Coruña e morreu en Vigo, no ano 1973. ( Viviu 65 anos)
- Foi pintor, pero tamén escritor e poeta.
- Era coñecido coma o "pintor do mar"
O ano pasado "AFUNDACIÓN" ( obra social de ABANCA) fixo unha exposición sobre a súa obra na cidade da Coruña, titulada: PAREDES SOÑADAS ( se premedes , accederedes a unha visita virtual da exposición polas distintas salas)
Para decorar a porta da nosa aula decidimos que xa que é o pintor do mar, nada mellor que reflectir ese mar fantástico, orixinal e máxico de Urbano...
E fixemos unha colaxe con moitos dos elementos marítimos que máis o representan, ou que máis nos chamaron a atención.
|
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|