Seguimos coa proposta de Olirei dunha viaxe polo mundo.
Desta volta estamos preparando o ENTROIDO. Cada clase vaise disfrazar de algo representativo do país sobre o que está traballando.
E nós imos ir caracterizados de "Homens da Luta", coa canción que presentou Portugal no festival de Eurovisión no 2011, A LUTA É ALEGRÍA.
Para entender un pouco mellor a indumentaria deste grupo musical composto maioritariamente por actores. Tivemos que profundizar no porqué dos caraveis ( ou cravos ) que levan, as pancartas e as consignas.
Para iso vimos este vídeo que explica que foi iso da "Revolução dos Cravos".
Unha vez entendido o significado deses caraveis, e da roupa que levan que parece antiga... ( alá polo 1974) puxémonos a preparar os nosos disfraces...