
Hoxe tivemos conferencia dobre:
Por unha banda Alejandro falounos da festa do Requeixo das Neves. Explicándonos cando foi, o que había nesta festa, e as diversas formas nas que podemos tomar o requeixo. E que foi a primeira vez que tomou requeixo !!!
E pola outra Yoel falounos do noso planeta : A Terra. Explicándonos a súa idade, os continentes que o compoñen, e os países que hai en cada un deles, , a súa división terra/auga e moitas cousas máis.
Ambas conferencias estiveron moi moi interesantes!!.
Hoxe tamén contamos como público invitado cos nenos e nenas da clase de 1º, ós que lles agradecemos a súa colaboración.
Acó vos queda unha foto dos conferenciantes de hoxe en plena exposición.
|