@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS HORAS DO DÍA.
Hoxe estivemos repasando un pouco o que sabíamos sobre as horas, minutos, segundos e o reloxo.

A verdade é que é moi complicado entender iso de e cuarto, e media, menos cuarto.. en punto.. analóxico e dixital
Despois miramos uns vídeos moi interesantes sobre o tema.

E concluímos:
-Un día ten 24 horas ( Yago C.)
-Un minuto ten 60 segundos ( Claudia)
- O reloxo ten: en punto, e cuarto, e media e menos cuarto ( Nerea) e cada unha das partes é de 15 minutos, xuntas suman unha hora ( Ari)
-Unha hora ten 60 minutos. ( Nico)
-Un día non ten 60 horas, ten 24 ( Zaira)
- O reloxo é moi importante para saber/aprender as horas ( Paula)
-Hai reloxos antigos ( de sol, de agullas) e tamén dixitais ( Noelia)
-Os meses do ano son 12, febreiro é un mes especial ( Zoe)

E moitas outras cousas sobre o tempo, minutos, segundos horas, meses do ano, o tempo, as horas...


Deixámosvos os links ós dous vídeos que miramos porque son moi interesantes:

           
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 20-02-2015 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
A táboa do 2
Estamos moi animados e animadas aprendendo as táboas de multiplicar

E xa sabemos algunhas cousiñas sobre elas, e temos "controladas" a do 1 e a do 10.

Istes días estamos traballando un poquiño coa do 2.
Acó vos queda o noso rap, recitando a táboa do dous. Feita coa APP Autorap de SMULE.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 01-02-2015 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
As táboas de multiplicar.
Comezamos!!! Aínda que en segundo non é obrigatorio sabelas de memoria, estamos motivadísim@s con elas , e onte comezamos a traballas, a do 1 está "chupada" porque tod@s sabemos que todo número multiplicado por 1 é ise mesmo número..

Pintamos os as nosas tablas de multiplicar circulares e quedaron chulísimas.
Ademais de ser moi útiles.

Acó vos quedan dous videos da táboa do dous:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 26-01-2015 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Aparato circulatorio
Istes días estamos aprendendo algunha cousiña sobre o aparato circulatorio, miramos algún vídeo sobre o tema e tamén estivemos aprendendo e xogando con iste programiña

Acó vos queda un dos vídeos que miramos.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 11-11-2014 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
O sistema dixestivo.
Seguimos a traballar sobre o noso corpo, e aínda que xa sabemos moitas cousas, desta volta estamos aprendendo algunha cousiña máis sobre o Sistema Dixestivo

As súas partes... o proceso da dixestión órganos que interveñen....

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 05-11-2014 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Semana samaínica.
Ista semana estamos facendo un montón de cousiñas relacionadas co Samaín, e decorando un pouco a nosa aula, tamén participando na exposición de cabazas do colexio, cunhas aportacións feitas na casa moi orixinais.

E o xoves será o día de celebración máxima, quen queira pode vir disfrazado/a e ademais visionaremos algúns destes Vídeos que tedes a disposición no blogue do cole. cos nenos e nenas da clase de primeiro.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 28-10-2014 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os músculos.

Agora que xa sabemos un montón de cousas sobre o noso esqueleto. Algúns dos nomes dos ósos, a súa función, como son, para que serven... e moitas cousas máis.

Imos aprender un pouquiño máis sobre outra parte do "aparello locomotor" os músculos.

Acó vos quedan algúns dos vídeos que miramos sobre o tema:







Xogo Lim sobre os músculos
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 15-10-2014 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
O corpo.
Imos aprender algunhas cousas novas sobre o noso corpo.
Comezamos co esquelete .





Xogo LIM sobre o corpo.
Xogo LIM sobre o esqueleto.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 06-10-2014 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0