@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Época de vendima

No mes de setembro, ademais de cambiar de estación e voltar ó cole, é a época da vendima.
Estamos facendo un pequeno proxecto de investigación sobre a vendima.

Aprendemos palabras novas,distintos nomes que reciben os utensilios ou obxectos que se usan na vendima dependendo da zona, completamos o noso vocabulario, tamén fixemos algún xogo LIM para poñer en práctica o aprendido.







Ademais tamén visionamos co alumnado da clase de 3º un dos clásicos desta época na nosa aula, a Historia de Garnachica. Un vídeo moi ilustrativo desenvolvido pola D.O Campo de Borja.


A imaxe é do debuxante e caricaturista Luís Dávila

SEGUIREMOS INFORMANDO!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 24-09-2016 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Inventos e inventor@s
Hai un par de semanas ,estivemos investigando un pouco sobre os inventos, e as persoas que os crearon.

Descubrimos que os chineses sempre levaron vantaxe a occidente en moitas cousas e tamén vimos algún vídeo dalgún inventor salientable, así aprendemos cousas sobre GALILEO e tamén sobre LEONARDO DA VINCI ou GUTENBERG

Tamén falamos de que a maioría dos inventores son homes, porque ata hai relativamente pouco ás mulleres non eran admitidas nas universidades , e moitas veces nin podían cursar estudos ou investigar. Como caso feminino especialmente interesante investigamos un pouco sobre MARIE CURIE

Ademais miramos algún documental sobre os inventos españois máis destacados.


E rematamos coa canción dos Diplomáticos de Monte Alto coa súa "Oda ó futbolín". Que descubrimos que foi inventado por un galego!!!!

Tamén tivemos unha etapa creativa e imaxinativa e pensamos nos nosos propios inventos para nenos e nenas. E como cremos que serán os medios de transporte no futuro.
Symbaloo sobre inventos
Inventos femininos.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 02-05-2016 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Alimentos.
Comezamos falando das nosas comidas favoritas e porqué o son, e agora estamos averiguando que é o que sabemos sobre os alimentos, de onde veñen, como son... qué nos aportan...

E para comezar con todo isto o primeiro é averiguar o que xa sabemos... para ver que máis podemos aprender ..



COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 03-11-2015 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos traballando os alimentos...
Tentamos diferenciar os alimentos pola súa orixe, e tamén polo xeito de consumilos..



E hoxe tamén falamos dos alimentos pero dun xeito moi orixinal ...
Porque ás veces non todo é o que parece...
E as cousas teñen unha interpretación ben distinta...




Gustáronnos moito..
COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 27-11-2013 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0