@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe fomos de excursión!!!
Hoxe fomos de excursión cos nenos e nenas de 2ª e de 3ª ata Praia América a ver a exposición de Dinosauros Park que nos gustou moitísimo, aprendimos algunhas cousiñas e sobre todo pasámolo moi ben.

Acó vos queda un pequeno vídeo con algunhas das fotos que tiramos:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 07-06-2012 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
VALENTÍN PAZ ANDRADE

Este ano o día das letras galegas está adicado ó poeta pontevedrés VALENTÍN PAZ ANDRADE ,estes días estivemos aprendendo algunhas cousiñas sobre a súa persoa, e que ademais de escritor e poeta tamén fixo outras cousas.


Miramos algún que outro dos seus poemas, e faremos unha serie de fichas que a profe tirou da páxina de SEMINARIO GALÁN

Acó vos queda un link para ir ó xogo Lim sobre Valentín. XOGO LIM

Imaxe tirada de: http://www.valentinpazandrade.es/
Páxina oficial de Valentín Paz Andrade
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 09-05-2012 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Fomos de excursión!!
Hoxe fomos de excursión a Vigo ó centro cultural Caixanova a ver unha obra musicada titulada: A PANTASMA DO PALCO

E gustounos moito, aplaudimos, rimos, seguimos o ritmo... e despois merendamos e xogamos un anaco antes de voltar ó colexio.

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 06-03-2012 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Imos ir de excursión.

O próximo martes dia 6 de marzo imos ir ata Vigo ó centro Cultural de Caixanova, a ver un concerto didáctico específico para o 1º ciclo.
Titulada " A pantasma do palco"

A pantasma do palco é un espectáculo musical e teatral que conta como cinco amig@s buscan un lugar para ensaiar a música que lles gusta.
Mandoeu, Clarinazas, Ksiosei, MariChimpúm e Frautarina forman parte dunha banda de música e son en todo momento os protagonistas das historias que suceden.

Así, deciden probar sorte no xardín dun pazo abandonado nos arredores da vila. Alí saben que hai un palco de música ao que ninguén foi dende hai moito, moito tempo... porque, malia que está deshabitado, ás veces vense sombras e escóitanse fermosas melodías...


Que ben o imos pasar!!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 29-02-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
E un pouquiño máis de Haring.

O outro día miramos un video na clase de 2º dun mural feito por Haring, nun ximnasio e estivemos observando os distintos deportes e actividades artísticas que facían os bonecos.
Hoxe imos mirar un anaquiño dun documental onde nos explican que ese edificio foi derruído, e que para conservar esa obra de arte, levaron a parede que o ocupaba:


Tamén miramos este pequeno video dunha exposición do artista no museo MAC de Lyon, en Francia:

E por último deixámosvos esta representación dunha obra de Haring, que nós tamén pintamos.. aínda que nós non vemos tan claro que teña que ser un home e unha muller, tamén podían ser dous amigos/as, ou dúas persoas que se queren moito e comparten o seu amor.



E ademais limos as historias inspiradas nunha imaxe de Haring, e son moi moi orixinais!!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 07-11-2011 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Keith Haring

Estes días as clases de 1º e 2º de Primaria estamos traballando sobre o artista contemporáneo estadounidense KEITH HARING


Estivemos investigando un pouco sobre el e observando moitas das súas obras, e iso que ten moitísimas creacións...

Hoxe nos "deberes" temos que crear unha historia a partir dun dos seus debuxos.

Acó vos queda un par de pequenos vídeos cunha pequena parte da súa obra, que vimos hoxe na clase de 2º.




Xogos e actividades sobre Haring
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 04-11-2011 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre os incendios.
Onte estivemos mirando o plano que nos explica o método de evacuación da aula no caso de incendio.
E falando do que hai que facer no caso de que haxa un incendio:

O primeiro ver que as fiestras estean pechadas.

Despois temos que deixar todo, non coller nada, e facer unha ringleira na porta da clase, contarnos a tod@s non vaia ser que alguén estea no baño e nos despistemos.

Unha vez que esteamos tod@s, temos que sair da clase en ringleira, ordeadamente, e baixar polo lado esquerdo da nosa aula, sen agarrarnos a nada metálico e con calma.

E por último temos que sair do centro, apurando pero sen correr ata chegar á porta de saída.

Miramos o plano tamén para ver onde están os extintores no noso andar, e atopámolos todos.

Hoxe tamén aprendemos algunhas cousas, coma a quen hai que chamar en caso de emerxencia, e concluímos que ou ó 112 ( teléfono internacional de emerxencias) ou ó 061.

Hoxe imos ver este video que explica moi ben o que hai que facer, está feito polo alumnado e profesorado dun instituto de Murcia chamado CES SEVERO OCHOA.
Os nenos e nenas de 2º acompañáronnos cando vimos o video e tamén lles gustou moito.




E ó final do vídeo hai un rap moi marchoso sobre o tema!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 07-10-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe chegounos unha carta...
Era de "Oli Rei", a mascota da biblioteca , propúxonos unha caza do tesouro, tiñamos que atopar tres libros da biblioteca e para iso seguir unha serie de pistas que nos foi deixando por todo o colexio !!!

Ós nenos e nenas da clase de 1º tamén lles chegou a mesma carta da nosa mascota.
Tod@s conseguimos descifrar as pistas e como traballamos en equipo e nos esforzamos moito, chegamos á solución tod@s xuntos! , e ademais houbo un agasallo chulísimo !!

Acó vos quedan as fotos para que vexades que ben o pasamos :

Artigo do blogue do cole sobre esta actividade
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 12-04-2011 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0