@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DÍA DO LIBRO.
No colexio estamos preparándonos para DÍA DO LIBRO..

Haberá unha serie de actividades conxuntas a nivel de centro que podedes ver mellor explicadas no BLOGUE DO COLE

E ademais a nivel de ciclo, miramos unha serie de libros que nos animan a ler.. e que nos gustaron moito. Acó vos quedan por se os queredes ver outra vez.







As propostas de Mik
Un vídeo moi divertido.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 22-04-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos traballando a Kandinsky.

As nenas e nenos do 1º ciclo seguimos a traballar sobre Kandinsky,
desta volta fixemos unha creación comunitaria.

Cada un fixo un anaco desta obra de KANDINSKY

Acó vos quedan unhas poucas fotos do proceso de creación.






COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 21-03-2013 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Descubrindo a Kandinsky.
Estas dúas semanas previas ás vacacións, os nenos e nenas do primeiro ciclo estamos traballando conxuntamente sobre Kandinsky.. fixemos xa dúas sesións conxuntas, nas que vimos obras súas, e aprendimos un pouquiño sobre el..


E para a semana faremos as nosas propias creacións.. e tamén as nosas versións dalgunha das súas obras.

Acó vos queda un dos vídeos que miramos e que nos gustou moito.



E acó vos quedan unhas pouquiñas fotos .. nas que se ve o moito que traballamos.



Seguiremos informando...
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 17-03-2013 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión ó MARCO e obra de teatro.
O pasado martes día 5 os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos de excursión a VIGO.

Comezamos o día cunha obra de teatro nas dependencias de NOVACAIXAGALICIA

E despois de merendar adentrámonos na exposición BALEA NEGRA

A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra. ( texto tirado da páxina web do MARCO.)

A exposición encantounos, e estivemos atentísimas e atentísimos a todo o que nos explicaron as guías do museo.

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 09-03-2013 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeo de felicitación de Nadal.
Dende o equipo das TICs do colexio elaboraron este vídeo tan fermoso, coas cousiñas que fixemos para o Nadal, ademais de recoller tamén os premiados no concurso de Relato curto proposto dende a biblioteca.

Acó vos queda o vídeo.

O artigo no blogue do colexio.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 23-12-2012 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
O martes deixáronnos unha carta !!!!


O martes a última hora, estabamos escoitando un conto de medo, e por arte de maxia apareceu debaixo da nosa porta... unha misteriosa carta !!!!...


O remitente era Olirei, o símbolo da nosa biblioteca do cole, na carta explicounos que o préstamo de libros da biblioteca comeza para a semana e que alguén lle dixera que estabamos a traballar o Samaín e o Halloween e que para que a "espera" non fose tan longa nos deixara un libriño de agasallo na biblioteca, e alá fomos buscalo.

Canto nos gustou o libro e as súas trece historias!!! Moitas grazas Olirei!!!!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 01-11-2012 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
A historia de Garnachica...
As semanas anteriores estivemos recompilando tipos de uvas, tanto brancas coma tintas, que coñecemos, todo isto coa axuda das familias.

E como estivemos en tempo de vendima, voltamos ver iste vídeo sobre Garnachica, que xa miramos o curso pasado, pero que nos gustou moito moito, e nunca está demais recordar algunhas cousiñas.

Acó vos queda outra vez o vídeo da Denominación de Orixe, Campo de Borja, sobre a uviña Garnachica.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 24-10-2012 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
The Season.
Hoxe, 21 de setembro, márcase o fin do verán e o comezo do Outono.

Queremos compartir con vós iste pequeno vídeo que dende a óptica dunha orixinal historia de "amor" amósanos o paso das estacións do ano...

A historia comeza no Outono... E para o visionado deste pequeno vídeo convidamos ós nenos e nenas da clase de 1º para que o visen con nós.


Outono
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 14-10-2012 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0