Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso de xestión micolóxica
Navegando pola arañeira atopamos un curso de xestión micolóxica on line, de 150 horas de duración e dirixido a Técnicos forestales e agrícolas, axentes de desenvolvemento local, grupos de Acción Local, Emprendedores e alcaldes e concellais.

Pegamos a continuación o programa do curso e deixamos un enlace por se alguén está interesado.


MÓDULO 1. INTRODUCCIÓN Y NORMATIVA

Situación actual

Normativa

MÓDULO 2. ASPECTOS BIOLÓGICOS

2.1. El Reino Fungi.

Fisiología de los hongos

Ecología de los hongos

2.2 Hábitats forestales

2.3 Micología a nivel de usuario

MÓDULO 3. GESTIÓN FORESTAL

Selvicultura general y micológica

Repoblaciones

Productividad micológica.

Métodos y datos.

MÓDULO 4. ECONOMÍA

Turismo micológico

Las setas como producto

MÓDULO 5. SISTEMAS DE GESTIÓN

Zonas libres

Aprovechamientos de setas

Modelo MYAS

JORNADA PRESENCIAL (voluntaria)

Se realizará en el Centro Micológico de Navaleno, un sábado. Consistirá en:

Ruta micológica

Identificación de setas

Realización de transectos

Resolución de casos prácticos

La jornada es voluntaria. A quien no la realice se le justificarán en el diploma 150 horas en vez de 160.

http://tienda.arbolesazules.com/epages/tiendaarbolesazulescom.sf/es_ES/?ObjectPath=/Shops/163021/Categories/%22Curso%20de%20gesti%C3%B3n%22
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 24-02-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Gastronómicas da Trufa

En Soria e só durante os meses de febreiro e marzo, van ter lugar estas Xornadas Gastronómicas sobre a Trufa.

Por un prezo de 120 euros, poderíamos desfrutar dun paquete turístico que inclúe aloxamento, almorzo, degustacións de trufas, concerto de música clásica, e unha visita guiada con un can nun campo de recolección.

Deixamos un enlace para aqueles que queiran máis información:

www.soriayturismo.com


Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 21-02-2010 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Lactarius turpis Fr.
Ainda que no libro Setas de Galicia se di que esta é unha especie frecuente, nós non tivemos o pracer de encontrala no Val de Barcala de momento.

Tratase dun Lactarius turpis, unha especie facilmente identificable pola cor tan escura do sombreiro, moi diferente á de outros lactarius.

O sombreiro pode chegar a medir 20 cm, e ten unha cor pardo olivacea, con tons incluso negros. As láminas, son abrancazadas pero con manchas verdosas e ás veces pardas. O pé é da mesma cor que o sombreiro e as veces ten escrobiculas máis escuras.

A carne é branca pero vólvese crema ó corte. O latex e branco e ó secarse gris.

Nalgún manual dise que ten olor a resina e a trementina. O sabor é picante. E dise que conten substancias altamente canceríxenas.

A especie da foto foi sacada na fronteira entre Galicia e Leon, no outono do 2009.

Deixamos algún enlace para ampliar información sobre ela:

http://www.idsetas.com/lactarius.necator.htm

http://www.asturnatura.com/fotografia/setas-hongos/lactarius-turpis-fr-1/5700.html
Comentarios (1) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 07-02-2010 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0