Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XI Xornadas micolóxicas da Costa da Morte






Acumúlasenos o choio! Non damos atendido a todo pero para os que vos quede á man deixamos tamén esta información sobre as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte organizadas por Pan de Raposo.








Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 26-10-2011 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Bueu

E xa van pola XIV edición:
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 26-10-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición da Sociedade Micolóxica Lucus



Vai ser o domingo día 6 de novembro, e é un deses eventos que hai que marcar no calendario, porque o que se ve nesta Exposición non se ve tódolos días.


A parte diso, o cartel deste ano é chulísimo. Noraboa.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 22-10-2011 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Micogastronomía en Lugo


Por terceiro ano os compañeiros de Lucus organizan estas xornadas de micogastronomía. Os socios de Sendeiriña que teñen participado nalgunha das anteriores edicións téñennos falado moi pero moi ben delas.

Deixámosvos un enlace para aqueles que estedes interesados, xa que por limitacións de prazas hai que inscribirse e pode facerse vía internet.

http://www.smlucus.org/xornadas/

Está dirixido a todo o público en xeral, con especial interese para profesionais do sector da restauración e afeccionados á micoloxía e gastronomía.

Este é o listado dos RELATORES que participan:


?Jesús Blanco Rey: Docente de formación de cociña. Asesor técnico de empresas de hostalería e restauración. Relator en diversos eventos sobre cociña de cogomelos.
?José Luis Tomé Ortega: Membro da Asociación Micolóxica ?Brincabois? de Pontevedra. Relator en múltiples cursos micolóxicos e autor de diversos artigos especializados en cociña de cogomelos.
?Conchi Zuñiga: Creadora e xestora do coñecido blog especializado en cociña de cogomelos ?Cocinandosetas?. Participante e conferenciante en múltiples eventos sobre micogastronomía.
?Carlos González Vidal: Brillante cociñeiro do Restaurante España de Lugo que organiza todo os outonos exitosas xornadas sobre cociña de cogomelos.
?Julián Alonso Díaz: Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus. Profesor e conferenciante en múltiples cursos e xornadas de divulgación micolóxica.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 22-10-2011 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Feira de fungos e cogumelos das Pontes

Acumúlasenos o choio! Chegan estas datas e precisaríamos ter o don da ubicuidade para poder estar ó mesmo tempo en varias charlas, no monte, nun Congreso de micoloxía e nunha exposición, todo á vez! e sen olvidarnos de traballar, e de durmir que ás veces tamén é importante!!

En fin, que coma tódolos anos chega a Feira de fungos e cogumelos das Pontes, da que tan bo recordo trouxéramos fai dous anos. Os que daquela fóramos, non podemos achegarnos este ano pero animámos a tódolos socios a que participen ou ben levando algunha cesta ó concurso ou ben como espectadores. Ademáis este ano díxonos un paxariño que o chico que leva gañando o concurso nos últimos 8 anos non se presenta, así que xa sabedes!!




Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 22-10-2011 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Parte meteorolóxico


Xa falta pouco,... xa nos nosos ollos se empeza a ver un brillo especial... Tanta espera, ten que merecer a pena...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2011 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Adiada a Exposición de Sendeiriña
Aínda que intentamos ser optimistas, a realidade manda, e a realidade é que todo está tan seco que é imposible que para o próximo domingo atopemos algo que expoñer.

Polo tanto ADÍANSE AS DÚAS EXPOSICIÓNS DE SENDEIRIÑA, previstas para o domingo 23 e o luns 24. E adíase tamén a saída do sábado 22.

As novas datas, para as que esperamos poder contar coa axuda das altas instancias metereolóxicas son os días 13 e 14 de novembro co mesmo horario e lugares. A saída para a preparación da exposición será polo tanto o 12 de novembro.

Crucemos todos os dedos e poñamos velas e limosnas ós santos todos e se fai falta saír en procesión saímos...

Deixámos os enlaces dos álbumes das exposicións dos últimos anos para ir quentando motores... non desesperedes!!

http://www.blogoteca.com/sendeirinha/index.php?gal=2719


http://www.blogoteca.com/sendeirinha/index.php?gal=3209
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-10-2011 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades micolóxicas en Vilagarcía
Para que teñamos unha visión máis completa de todo o que podemos facer neste outono deixámos un resume das actividades da Asociación Micolóxica de Vilagarcía así como un enlace coa súa páxina:

OUTONO MICOLÓXICO 2011
Día 9 de octubre
Salida en autobús: Silleda-Forcarei.

Día 23Salida en autobús: Baños de Molgas (Ourense).

Día 5 de noviembre
Salida al campo a coger setas para la exposición.

Día 6 de noviembre
12.00h - Apertura de las siguientes exposiciones


?Setas frescas, láminas, paneles, libros
?XIII Concurso de Fotografía Micológica ?Enrique Valdés Bermejo?
?XII Concurso de Dibujo Escolar
?Maquetas sobre la naturaleza y las setas.

Conferencias, 20.30h
Día 7
Puri Lorenzo Castro
, del Lab. de Micología de la Univ. de Vigo:
Biología de los hongos.

Día 8
Jaime Blanco Dios
, Pres. de la Asoc. Mic. "Brincabois" de Pontevedra, Ing. Agrónomo:
Setas comestibles y tóxicas. Diferenciación.

Día 9
Ricardo Torrijos Suárez
, miembro de la Ag. Mic. "A Cantarela", cocinero de la Festa dos Cogomelos:
Cocinando setas.

Día 10
José M. Castro Marcote
, Pres. de la Asoc. Mic. Nat. "Pan de Raposo" de Cee, Coautor del libro "Cogomelos de Galicia":
Ascomicetes

Día 11
Saúl de la Peña Lastra
, Tec. Sup. de Salud Ambiental, Ing. Tec. Forestal:
etas de campo comercializables.

Por las mañanas habrá charlas en el Auditorio, los días 7 y 8, para los colegios que lo soliciten, a nivel de 6º curso de Primaria.

Día 19
20,00h. ENTREGA DE PREMIOS:

- Entrega de premios del XIII Concurso de Fotografía ?Enrique Valdés Bermejo?
- Entrega de premios del XII Concurso de Dibujo Escolar.
- Entre de premios del III Concurso de Escaparates.
- Entrega de trofeos a los colegios participantes en la construcción de maquetas.
- Proyección en powerpoint del Outono Micolóxico 2010 y Salidas de Primavera 2011


22,00h.- Cena Micológica y entrega de obsequios a los colaboradores.

Día 27
XX FESTA DOS COGOMELOS
(Fiesta de las Setas), de 11,00 a 15,30 h.
Se servirán distintas preparaciones de setas, acompañadas de vino Albariño.
- XXVIII Concurso de Cocina.
- IX Exposición de Cestas de Otoño.

NOTA
- Todos los lunes de noviembre y diciembre, excepto festivos, habrá un servicio de determinación de setas en la sociedad Liceo Casino, de 19,00 a 20,30h.
Comentarios (1) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 16-10-2011 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
III Outono micolóxico no Val de Barcala






Xa temos os carteis. Este ano non leva cores outonais, seguramente por algunha premonición, xa que o outono non quere chegar a pesar dos nosos rezos.

Deixámosvos unha mostra e facemos a adevertencia de que algunha das datas vaise ver alterada por motivos metereolóxicos. Permanecede atentos ás vosas pantallas!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 15-10-2011 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades editoriais importantes!!
Xa está nas librarías!!! Xa podemos correr a mercalo!

A segunda parte do libro "Cogomelos de Galicia" xa está á venda!

Aínda non o temos nas nosas mans, pero onte chegou a tan agardada nova a través dun aviso dos autores ó e-mail de Sendeiriña.

Este segundo tomo, ven engadir 500 especies novas ó primeiro volume que xa está esgotado e do que, polo que nos comentan, van sacar tamén unha nova edición revisada.

En canto ó contido, neste segundo tomo imos atopar especies tanto de bosques autóctonos, como de plantacións foráneas e ata de sistemas dunares. Engádense ademáis especies de interese de diversos hábitats de Asturias.

Ademáis achégase un elaborado traballo de José María Costa Lago sobre etnomicoloxía e usos tradicionais dos cogomelos e temas de micofilia e micofobia, usos alimentarios, usos medicinais e usos rituais, facendo un recorrido a través do tempo e da geografía.

En fin, que se xa co primeiro tomo falabamos da Biblia de todo bo apañador de cogomelos galego, agora xa temos o Antigo e o Novo Testamento, dous tomos, que máis se pode pedir!

Noraboa ós autores.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 15-10-2011 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Sendeiriña na prensa
O pasado venres 7 de outubro a prensa fíxose eco das actividades outonais de Sendeiriña.

Podedes velo facendo clik neste enlace.

No xornal non puxeron foto ningunha pero aproveitamos para poñervos este exemplar recollido a principios do mes pasado, a ver se serve para conxurar ós deuses da choiva e chove dunha vez!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-10-2011 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades micolóxicas da Zarrota

Os compañeiros da Agrupación micolóxica A Zarrota de Vigo teñen colgada na súa páxina as actividades programadas para este outono. Deixámosvos un pequeno resume e un enlace para ampliar a información.

O sábado día 22 han de estar por terras nicrarienses, esperemos que desfruten tanto como nos o facemos ó longo do ano.



Actividades Otoño 2011

✗ Lunes micológicos: del 26 de septiembre al 19 de diciembre de 19:30 a 21 h. en el local.
(c/ Camelias 78 of. K, Local de Montañeros Celtas.)

✗ Salidas:

◦ 9-octubre: Bandeira- Salida a las 8 h. del Sanatorio Concheiro.
◦ 22-octubre: Negreira- Salida a las 8 h. del Sanatorio Concheiro.
◦ 29-octubre: Salida para los asistentes a las conferencias. Salida
a las 9:30 h. de la Plaza del Rey
◦ 12-13-noviembre: Sober.- Salida a las 8 h. del Sanatorio Concheiro.
Se dormirá en Monforte.
◦ 4-diciembre: Barro- Salida a las 9 h. del Sanatorio Concheiro.

Comida de confraternización: domingo, 11 de diciembre Monte Aloya.

Ciclo de conferencias ?A Zarrota, 50 años de Micología en Vigo, 29 Semana Micológica
Gallega?
Del 24 al 27 de octubre a las 20 horas en la Sala de Conferencias del Centro Cultural Novacaixagalicia

Día 24: Dña. Marisa Castro, ?A Zarrota, 50 anos de Micoloxía?
Día 25: D. Alejandro Mínguez: ?Iniciación á Micoloxía?
Día 26: D. José Manuel Marcote: ?O Xénero Amanita?
Día 27: D. Floro Andrés : "As intoxicacións por cogomelos: recoñecemento e tratamento?

Exposición de setas frescas y concurso de cestos de setas en el Círculo Mercantil e
Industrial de Vigo, sede calle del Príncipe, los días 5 (de tarde) y 6 de noviembre.
El día 5 a las 18:30,en el Salón Regio, Miguel Angel Rodríguez Martínez, de Micología Salvatierra, dará una pequeña charla y exposición sobre cómo podemos cultivar micelio y conseguir setas en los jardines de nuestras viviendas.

Entrada libre y gratuita.



E por se alguén ten interese deixamos tamén un enlace coas bases do concurso de cestas que organizan:

http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=79&Itemid=50
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 09-10-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades micolóxicas en Cambre
A Asociación Micolóxica Andoa de Cambre ten publicado na súa páxina as actividades micolóxicas para estes meses de Outubro e Novembro, para algunha das actividades xa chegamos tarde, pero para outras aínda estamos a tempo. Deixámosvos o enlace para consultar.

http://andoadecambre.com.es/

OUTUBRO


SEMANA MICOLÓXICA


Día 3.- Conferencia: ?Bioloxía dos Fungos?, impartida por Dona Purificación Lorenzo Castro.

Día 4.- Conferencia: ?Principales cogumelos comestibles e tóxicos?, impartida por Álvaro Martiañez Rodríguez.

Día 5.- Destinado a cociña micolóxica.

Día 6.- Conferencia: ?Acumulación de metais pesados e outros contaminantes nos cogumelos? impartida por Don Julián Alonso Díaz.

Día 7.- Conferencia: ?As utilidades dos polipóros, impartida por Don José María Costa Lago.

Día 8.- Saída ao campo dos asistentes ao curso guiada por Don José Ramón Pato.

Día 16.- Exposición de cogumelos no campo da Feira de Cambre.



OUTUBRO/ NOVEMBRO


SAÍDAS DA ASOCIACIÓN MICOLÓXICA:


9 de outubro - A Gañidoira.
15 de outubro - Zás.
23 de outubro ? Pobra do Brollón.
29, 30 e 31 de outubro (Ponte de todolos Santos). Comunidade Castela e León. ( En estudo).

6 de novembro ? Vilasantar.
12 de novembro ? Vimianzo.
20 de novembro ? O Incio.
26 de novembro ? Xaviña.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 09-10-2011 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Conxo





Envíannos o cartel destas Xornadas micolóxicas en Conxo para que lle deamos difusión. E aquí volo deixamos, sobre todo para toda aquela xente que nos escribe dende Compostela, preguntando por algunha Asociación ou algunha actividade relacionada coa micoloxía.

Supoñemos que ó igual que nós, os compañeiros de Conxo estarán poñendo velas a tódolos santos para que chova antes destas datas...
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 09-10-2011 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
III Outono micolóxico no Val de Barcala

Aínda non temos os carteis, pero xa temos datas para as actividades deste outono 2011. Mentres agardamos pola imprenta ofrecémosvos un adianto:

III Outono Micolóxico NEGREIRA 2011

EXPOSICIÓN NAS CASETAS DO COTÓN:
Domingo día 23 de outubro.

Casetas do Pazo do Cotón de 11:00 a 14:00

EXPOSICIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS:
Luns día 24 de Outubro.

SAÍDA MICOLÓXICA.
Sábado día 22 de outubro. Saída de diante do quiosco de Negreira ás 9:30. Consultar máis saídas micolóxicas no blog da Asociación.

CONFERENCIA
Venres 4 de novembro. Julián Alonso. Propiedades medicinais dos cogomelos

CONFERENCIA

Xoves 10 de novembro. Jaime Blanco Dios. Principais cogomelos comestibles e velenosos.

LUNS MICOLÓXICOS:
Luns 17 e 24 de outubro. Asesoramento e identificación de especies aberto ó público. De 20:00 a 21:00 no Local da Asociación, na Casa de Cultura de Negreira.


A única advertencia que queremos facer é a de que as datas das Exposicións poden variar en función das condicións metereolóxicas... Ten que chover xa!!

E por suposto invitámosvos a todos, socios e non socios a participar en todo o planificado.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 09-10-2011 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0