Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Outono micolóxico en Negreira


Non foi fácil, pero por fin temos os carteis do Outono Micolóxico en Negreira, e tal e como vos adiantamos, este ano tiramos a casa pola ventana, conferencias, exposicións, saídas,... en fin, que ninguén pode quedar na casa.

Irémosvos recordando semanalmente, pero non esquenzades marcar na vosa axenda as datas e reservar os días!!!

E por suposto agradecemos a difusión das actividades e a participación tanto de socios como do público en xeral.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2010 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes



A XXI edición da Feira dos Fungos e Cogomelos das Pontes, vai ter lugar coma cada ano o 1 de novembro e inclúense varias actividades, entre as que destaca a exposición e o concurso de cestas que ten lugar pola mañá.

Deixamosvos un enlace para máis información así como as fotos do ano pasado.

http://www.aspontes.com/gal/as-pontes/novas/get/111



Fotos do ano pasado
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2010 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Outono micolóxico de Sendeiriña
Ainda non temos os carteis oficiais, que están a puntiño de saír da imprenta pero imosvos dando un adianto da programación que a Asociación Micolóxica Sendeiriña ten preparada para este outono.

Luns micolóxicos:

Tódolos luns dos meses de outubro, novembro e decembro. Local Social de Sendeiriña, no Instituto Vello de Negreira de 20:00 a 21:00 h.

Venres 22 de outubro:
Exposición no IES Xulián Magariños de Negreira. Coa colaboración de Amador Troncoso e a axuda dos alumnos do centro.


Sábado 30 de outubro:


Saída micolóxica con Alexis Pena. Ás 9:30 diante do Centro Médico, xantar campestre e regreso ás 18:00 horas.


Domingo 31 de outubro:


Exposición micolóxica. Casetas do Pazo do Cotón. 11:00 a 14:00 h.

Mércores 17 de novembro:

Conferencia: ?Principais especies comestibles no Val de Barcala? impartida por Alexis Pena. Casa da Cultura. 20:30 h.


Xoves 18 de novembro:


Conferencia: ?Os boletais? a cargo de Puri Lorenzo. Casa da Cultura 20:30 h.


Venres 19 de novembro:


Conferencia: ?O xénero Amanita? por J.M. Castro Marcote. Casa da Cultura 21:00 h.

Sábado 20 de novembro:

Saída micolóxica. Ás 9:30 diante do Centro Médico, xantar degustación ó regreso.

A máis do que ven no cartel, comentarvos que o mercores día 20 faremos unha saída para atopar especies para a exposición no Instituto (a saída será ás 4:30 de diante do Centro Médico) e o xoves 21 faremos a preparación e colocación coa axuda de Amador Troncoso.

Máis nada. Unicamente deixarvos unha foto deste peculiar cogomelo que esta temporada é o gran protagonista xa que o atopamos en tódalas saídas que levamos feito ata agora e nalgúns sitios con moitos exemplares.
Trátase dun Clathrus archeri, unha especie fácil de recoñecer pola súa forma que semella unha estrela de mar ou un pulpo e que parece ser que chegou a Europa durante a segunda guerra mundial, porque as súas esporas viñan na lá das ovellas que nese período se trouxeron dende Australia.

É un gusto atopala polo seu bonito colorido pero o seu cheiro é moi pestilente.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 19-10-2010 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades micolóxicas en Lugo
Xa están aquí as actividades micolóxicas do outono da Asociación Micolóxica Lucus, que este ano inclúen Semana Micolóxica, Exposición e Xornadas de Micogastronomía.

Deixámosvos o enlace para que lle botedes un ollo porque teñen tantas cousas que ía ser dificil facer un resume.

http://www.smlucus.org/index.asp
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-10-2010 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Graves intoxicacións por Amanita phalloides

Por moi habitual que sexan este tipo de noticias nestas datas, a verdade é que non deixan de sorprendernos, e as cifras deste ano, cando inda está empezando a temporada son para botarse as mans á cabeza.

Xa son máis dunha ducia de intoxicados no que vai de mes, e todos por Amanita phalloides. Realmente incrible, que coa información que hai hoxe en día se sigan producindo este tipo de desgracias.

Deixámosvos uns enlaces de diferentes xornais que recollen a nova, no primeiro deles explícase a diferencia da perigosa Amanita cos champiñons.


http://www.elmundo.es/elmundo/2010/10/07/castillayleon/1286431961.html

http://blogs.elcorreo.com/basabide/2010/10/10/la-amanita-phalloides-confunde-los-tailandeses


http://www.heraldo.es/noticias/detalle/la_amanita_phalloides_causa_estragos.html

http://www.nortecastilla.es/20101011/local/soria/evolucionan-favorablemente-nueve-tailandeses-201010111904.html

E recordade que a Amanita phalloides é moi abondosa no Val de Barcala, as da foto precisamente, foron atopadas fai unha semana nas proximidades da Cooperativa de Feiraco, na parroquia de Agrón. Así que moito ollo!!! e xa sabedes, se temos fame... comemos un bocadillo!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-10-2010 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
Os cogomelos nos ecosistemas dunares galegos

O próximo sábado día 16 de outubro, os compañeiros da Asociación Micolóxica Refungando de Ribeira, organizan esta interesante charla a cargo de J.M. Castro Marcote, coautor do libro "Cogomelos de Galicia".

A actividade inclúe tamén unha saída polo entorno da praia do Vilar. Dende Sendeiriña imos facer unha escapada para achegarnos. Se estás interesado deixa a túa mensaxe e un correo e avisamosche da hora de partida.

Deixamos un enlace para máis información:
http://refungando.blogspot.com/2010/10/16-de-outubrocogomelos-en-ecosistemas.html
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 12-10-2010 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Posible Lepiota


Un socio de Sendeiriña atopou estes pequenos cogomelos medrando da súa horta.

Non os temos identificados pero pensamos que podería tratarse de algunha especie do xénero Lepiota, desas que poderían confundirse coas Macrolepiotas e que son moi perigosas por ser moi venenosas, algunhas tanto como a temida Amanita phalloides... Pero a verdade é que non estamos certos do que pode ser. E mentres nos entretemos buscando nos libros e discutindo sobre as diferentes posibilidades de identificación vai empezando o outono e empezamos a soñar coas maravillosas horas que nos esperan no monte...

Un saúdo a todos e se alguén pode aportar algunha opinión será ben recibida.

Comentarios (2) - Categoría: Identificacións - Publicado o 06-10-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
e por fin.... CHOVE!!

Que non nos escoiten os namorados do verán e das olas de calor, pero hoxe é un día moi esperado para tódolos amantes da micoloxía.

Foi un verán moi seco, pero hoxe por fin... CHOVE!! E chove con ganas!! E é posible que estas chuvias salven a temporada micolóxica deste ano, que algúns pesimistas xa estaban vendo en perigo.

Deixamosvos a previsión para os próximos días... Felicidades a todos!! vai ser unha gran semana!!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2010 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0