Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ULTIMISIMA HORA
Onte pola noite a carpa na que iba ser instalada a Exposición de Sendeiriña voou polos aires. A Exposición vai ser trasladada á Casa da Cultura de Negreira e retrasarase ata as 12:00 horas.

Sentimos estes cambios de última hora pero ás veces o tempo fainos estas malas xogadas
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Cambios de última hora na Exposición
Por causas metereolóxicas cambiase a ubicación da Exposición Micolóxica que iba ter lugar no entorno das Casetas do Pazo do Cotón, para Pedra Mamoa.

Coincidindo co Encontro Intercultural e aproveitando a carpa instalada ó efecto, a Exposición terá lugar alí mesmo nun espazo que nos cederon dende o concello.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2010 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Morre un veciño de San Xenxo por consumo de Amanita phalloides

Este ano xa vai máis dunha ducia de intoxicacións por Amanita phalloides en toda España, e a primeira, e agardemos que última, morte tivo lugar na nosa Comunidade, no concello de San Xenxo.

Parece ser que a confusión fatal foi cunha Russula Cyanoxantha, (coma a da foto) cousa que non deixa de sorprender....

SETAS VENENOSAS
El consumo de amanitas obliga a hacer trasplantes hepáticos cada año
Los hospitales gallegos se preparan cada otoño para atender casos como el del fallecido el domingo en Sanxenxo. Este mes se han intoxicado ya 18 personas en España por ingerir setas de la especie «phalloides»

Dieciocho intoxicados en España durante el mes en curso por consumo de Amanita phalloides (del griego, con forma de pene) es un dato que ilustra con claridad el grave problema que genera cada año la ingesta de setas por personas profanas en la materia.
Cuando acaba de empezar la temporada, ya hay nueve envenenados en Soria, cuatro en el País Vasco y otros cuatro en Guadalajara, pero la primera muerte se registró el domingo en Sanxenxo con el fallecimiento del argelino Califa Sassi, de 84 años. Fuentes próximas a la víctima explicaron que confundió la Amanita phalloides con una Russula cyanoxantha, un error bastante habitual entre los aficionados.
Antón Fernández, coordinador de Trasplantes del Hospital A Coruña, asegura que, cada otoño, los centros sanitarios más importantes de Galicia «se preparan para la eventualidad de un trasplante de hígado por consumo de Amanita phalloides» .
La ingesta de solo medio sombrero de esta seta puede ser mortal en unos seis días si no se procede de inmediato a un lavado de estómago. De lo contrario afecta al hígado de manera irreversible. «Por la atrocidad de comer setas desconocidas -prosigue- se producen en otoño cuadros muy graves de hepatitis fulminantes que requieren a veces trasplante inmediato, de esos que llamamos de urgencia cero, con una mortalidad por debajo del 10% en este hospital. Todos los años hay alguno en España». Sin embargo, el trasplante no siempre es posible, y uno de los condicionantes es la edad, «como sucedió por desgracia en el caso del hombre fallecido en Sanxenxo».




http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/10/26/0003_8807755.htm
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de micoloxía en Rois
Hoxe ven na prensa anunciado este curso, deixamos enlace por se alguén está interesado. Non sabemos quen o imparte, pero na noticia aparece un teléfono para máis información e para inscripcións.


O Travadoiro de Rois organiza un curso sobre setas


La Asociación de Vecinos O Travadoiro de Liñares (Rois) organiza, en colaboración con la Diputación de A Coruña, unas jornadas micológicas durante el mes de noviembre. El curso incluirá nociones sobre setas, su cultivo en paja y en madera, el micorrizado y un taller de cocina. El curso se impartirá en el local social de Liñares (Rois) y el precio por persona es de 55 ?. Información e inscripciones: 667 600 457 (Olimpio)

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/travadoiro-rois-organiza-un-curso-setas/idEdicion-2010-10-28/idNoticia-604767/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 28-10-2010 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións de recolleita para a Exposición
Este domingo vai ter lugar a Exposición micolóxica da Asociación Micolóxica Sendeiriña. Á hora de saír o monte dende Sendeiriña sempre pretendemos concienciar a todos, de que a mellor fórmula é a do respecto e o coidado medioambiental. Unha conducta irrespetuosa co medio perxudica non só ó noso entorno senón amén a nós mesmos: "Pan para hoxe, fame para mañá"

Con motivo da Exposición, moitos socios, socias e amigos/as da asociación sairán o monte para axudarnos a ter un número importante de especies, e por iso, nos gustaría facer unhas pequenas recomendacións para que o noso entorno non se vexa prexudicado.

RECOMENDACIÓNS RECOLLIDA DE COGOMELOS PARA A EXPOSICIÓN:
1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.

2.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras.

3.- Collerase so un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.

4.- Evitaranse aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Estes mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica.

5.- O criterio é que deben ser exemplares que presenten as características típicas para unha fácil identificación. A exposición pretende ser un espazo didáctico e se os cogomelos non son representativos da especie non servirá de moito.

6.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.

7.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.


Aproveitamos para deixarvos unha foto dunha especie que encontramos esta semana e que temos sen identificar por se alguén pode darnos algunha pista.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2010 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Sendeiriña na prensa
Deixámosvos mostra das últimas aparicións de Sendeiriña na prensa.

Sendeiriña abre unha mostra de setas no instituto de Negreira

La Voz de Galicia - 23/10/2010


A asociación micolóxica Sendeiriña do Val de Barcala deu onte comenzo ao seu Outono Micolóxico cunha exposición de cogomelos que, por terceiro ano, levouse a cabo no instituto de Negreira coa presenza de 53 especies distintas.
A raiña da mostra foi unha boletopsis leucomelanea (non comestible), achada na zona brionesa de Ons. Non será a única actividade que leve adiante a asociación micolóxica de Barcala, que prepara tamén varias saídas para recoller setas ademais dunhas xornadas con especialistas en micoloxía co fin de divulgar a recolleita de cogomelos en todo o Val de Barcala, que posúe unhas condicións climáticas axeitadas para unha producción de calidade, segundo estiman na asociación micolóxica.


Sendeiriña divulga a recolleita de cogomelos no Val de Barcala

La Voz de Galicia - 19/10/2010

A asociación micolóxica Sendeiriña, do Val de Barcala, está a desenvolver distintas actividades co gallo da estación do ano na que estamos, á marxe das habituais saídas. De aí que, ao longo desta semana, o alumnado do instituto Xulián Magariños fose convidado á recolleita de cogomelos polos prados e bosques do verde val barcalés, e que o vindeiro venres serán expostos no propio instituto, grazas á colaboración do profesor Emilio Mato e de expertos no eido micolóxico como Amador Troncoso.
Os membros de Sendeiriña tamén programaron outra exposición de cogomelos nunha das casetas do pazo do Cotón, para o día 31 de outubro (domingo), na véspera do recoñecido concurso de cogomelos de As Pontes, onde o pasado ano este colectivo logrou o terceiro premio na súa primeira participación.
Asimesmo, dende a asociación barcalesa están a traballar, en colaboración co Concello de Negreira, na celebración dunhas charlas con especialistas en micoloxía, ademais dun importante labor de información.

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/10/23/0003_8801904.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/10/19/0003_8792904.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Muestra, salidas y charlas sobre setas en Negreira

El Correo Gallego - 27/10/2010

NEGREIRA La asociación Sendeiriña de Negreira convoca su II Outono Micolóxico, que incluye salidas (una el 30 de octubre y otra el 20 de noviembre, a las 9.30 horas desde el centro de salud) y muestra, el 31 de octubre en las casetas del Pazo do Cotón. Habrá conferencias, siempre a las 20.30 horas en la casa de la cultura, sobre especies comestibles (17 de noviembre); los boletos (día 18) y el género amanita (el día 19).


http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/muestra-salidas-charlas-setas-negreira/idEdicion-2010-10-27/idNoticia-604417/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2010 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Xornadas Micolóxicas en Orazo
Xa van pola VIII edición estas Xornadas Micolóxicas de Orazo.

Deixámosvos un enlace para todos aqueles que vos queirades anotar. Son 5 euros e o prazo remata o 5 de novembro.


De fotos e debuxos do blog


http://www.cotomanguelo.aestrada.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 25-10-2010 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
E que son os Luns Micolóxicos?

Dende que saíron os carteis á rúa, son moitos os que nos preguntan: e eso dos luns micolóxicos que ven sendo?
Pois os luns micolóxicos pretenden ser un punto de encontro de afeccionados a micoloxía, para xuntarnos e comentar cousas interesantes que imos encontrando nas fins de semana. Son tamén un espazo aberto ó público en xeral, para a determinación de especies, e para todo aquel que queira iniciarse neste mundillo teña un punto de referencia ó que acudir para empezar e resolver dúbidas.

O horario é de 20:00 a 21:00 no Instituto Vello, na Rúa Castelao, durante os luns dos meses de outubro, novembro e decembro, agás os festivos, e sempre que o tempo o permita. Se se suspendera algún dos días comunicaríamolo no blog.

Dende Sendeiriña convidámosvos a todos, socios e non socios a que vos animedes a participar nesta hora de quedada semanal, porque moitas veces a mellor maneira de aprender é comunicándonos con outras persoas que teñen as mesmas inquietudes que nós.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2010 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Nova publicación sobre cogomelos en Galicia
Acaba de ver a luz unha nova publicación sobre cogomelos en Galicia.

Trátase do libro Guía de Cogomelos dunares dos ecosistemas dunares galegos, de J.M. Castro Marcote.

Varios socios de Sendeiriña tivemos a sorte de asistir en Ribeira a unha conferencia a cargo do autor e precisamente sobre o tema do que trata o libro, da que viñemos encantados e con ganas de ter xa nas nosas mans unha obra que ata o que coñecemos non ten precedentes no noso país.

O libro consta de unhas 80 fichas sobre cogomelos neste hábitat tan peculiar, e contén fotografías tamén da observación microscópica dos mesmos. É froito de un enorme traballo de máis de 10 anos nos que o autor percorreu a costa de norte a sur para ofrecer unha visión diferente de tan apaixoante tema.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 23-10-2010 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades Micolóxicas en Vilagarcía


A Asociación Micolóxica A Cantarela, de Vilagarcía de Arousa acaba de publicar na súa páxina web, as actividades que teñen previstas para este outono. Deixamosvos un enlace e un resume para que teñades máis información.

AVANCE OUTONO MICOLÓXICO 2010
Días 17 y 31 de octubreSalidas al campo en grupo.

Día 7 de noviembre12.00h - Apertura de las siguientes exposiciones

?Setas frescas, láminas, paneles, libros
?XII Concurso de Fotografía Micológica ?Enrique Valdés Bermejo?
?XI Concurso de Dibujo Escolar
?Maquetas sobre la naturaleza y las setas.

Días 8, 9, 10, 11 y 12 - 20,30h.
Conferencias (sin determinar)
Los días 8, 9 y 10, por las mañanas, habrá charlas en el Auditorio, a nivel de 6º curso de Primaria, , para los colegios que lo soliciten.

Día 14
XIX FESTA DOS COGOMELOS (Fiesta de las Setas), de 11,00 a 15,30 h.
En la Plaza de la Pescadería se servirán distintas preparaciones de setas, acompañadas de vino Albariño.
- XXVII Concurso de Cocina.
- VIII Exposición de Cestas de Otoño.

Día 20
20,30h. SESIÓN DE CLAUSURA:
- Entrega de premios del XII Concurso de Fotografía ?Enrique Valdés Bermejo?
- Entrega de premios del XI Concurso de Dibujo Escolar.
- Entre de premios del II Concurso de Escaparates.
- Entrega de trofeos a los colegios participantes en la confección de maquetas.
- Proyección de diapositivas del Outono Micolóxico 2009
- Cena Micológica y entrega de obsequios a los colaboradores


NOTAS
- Mientras estén abiertas las diversas exposiciones habrá visitas guiadas para colegios y colectivos que lo soliciten.
- Todos los lunes de noviembre y diciembre, excepto festivos, habrá un servicio de determinación de setas.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2010 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Charla coloquio na Merca


A Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós, organiza unha Charla coloquio sobre os principais cogomelos comestibles na zona da Merca.

Deixámosvos o enlace para obter máis información e anotarse:
http://www.zarracos.org/micoloxia.php
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2010 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
V Xornadas Micolóxicas en Brincabois


Cee, Lugo, Ourense,... neste mes xurden as actividades micolóxicas coma cogomelos!! Ás veces é difícil ata decidirse...

Deixámosvos o enlace para poder ver a programación de Brincabois, en Pontevedra.

http://1.bp.blogspot.com/_bPccDNfrJxw/TL3Vpo73a5I/AAAAAAAAA8k/desZIwxO_Kk/s1600/brincabois_baja.jpg
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2010 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
X Xornadas micolóxicas na Costa da Morte

Deixamosvos a información sobre as X Xornadas micolóxicas na Costa da Morte.

Son dous días de saídas, conferencias, exposición de cogomelos e degustación.


De Carteis trípticos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2010 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Últimas novas sobre cogomelos na TVG
Cada vez que chega o outono proliferan as novas nos xornais e na televisión sobre a chegada dos cogomelos. Hai veces que nos recomendan precaución, outras ensinannos cogomelos xigantes ou de tamaño desproporcionado, e tamén ás veces por desgraza, fálannos de graves intoxicacións que enturbian o maravilloso mundo da micoloxía.

Deixámosvos uns exemplos das últimas novas que apareceron recentemente na TVG, con especial referencia á primeira delas, na que saen os compañeiros da Asociación Micolóxica Lucus, e aparece Xosé Castro, ó que aproveitamos para mandarlle un agarimoso saúdo por se nos le.

Parece ser que en Arteixo atoparon uns cogomelos xigantes de máis de 1 metro de diámetro,... o que chama a atención é a cantidade deles que aparecen na mesma leira... pero ou se aprecia mal ou en vez de diámetro igual quixeron dicir perímetro non?


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



COGOMELOS XIGANTE EN ARTEIXO

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


OS MICOLOGOS RECOMENDAN PRECAUCIÓN

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 23-10-2010 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Feira de Cogomelos de Xermade
Ainda que xa van pola XVI edición en Sendeiriña non coñecemos esta Feira, e encantaríanos saber máis dela, así que se alguén a coñece que non dubide en informarnos e contarnos en que consiste.

É este sábado día 23 de outubro no concello de Xermade, na provincia de Lugo. Nestas datas non damos abasto, entre tantas actividades!!

Deixamosvos tamén un enlace da nova que sae no xornal.
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


http://elprogreso.galiciae.com/nova/65046.html
Comentarios (0) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 23-10-2010 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0