Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza a temporada!!
Un dos socios da Asociación Micolóxica Sendeiriña trouxonos unha cesta de cogomelos ós que inda non lle temos nome. Poñemos unha fotiño por se alguén pode aportar pistas. Ningún dos socios que estabamos alí recolleramos nunca tal cousa.

Paso a describirvos o cogomelo:
Tratase dun cogomelo de porte grande e esbelto, a súa carne é compacta. O sombreiro ten un tamaño de entre 8 e 13 cm. e é de cor marron escura. A cutícula é seca e ten ese tacto que semella o veludo (terciopelo).

Os tubos son curtos e amarelos e os poros son pequenos e tamén amarelos (nalgúns exemplares amarelos máis escuros, case naranxas)

O non ten retículo e é amarelo e con tonalidades máis pardas cara a base.

Ata aquí poderíamos pensar que se trata dunha especie da familia dos edulis ou de calquera dos cogomelos comestibles que aparecen por estas datas, pero o peculiar deste cogomelo é que azulea ó corte. Cando o cortamos vólvese dun azul verdoso que co paso dos minutos acaba por desaparecer.

Admítense apostas sobre a especie da que se trata. Xa consultamos ó Oraculo e seguiremos informando...
Comentarios (3) - Categoría: Identificacións - Publicado o 07-10-2009 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0