Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Oasis micolóxico (3ª parte)

Que non vos convencían as nosas últimas proposicións de Oasis micolóxicos?? pois aquí chega unha nova proposta, pero esta si que é a derradeira!! Máis xa non podemos facer!!

Se estamos cansados de levantar paus, buscar en todo tipo de excrementos entre as herbas, e andar quilómetros sen atopar nada interesante,... dende Sendeiriña propoñemosvos un novo "Oasis micolóxico", este non nos convence moito, é bastante máis aburrido que os outros dous.
Pero iso si, podedes ter a seguridade de que ides atopar cousas ás que chantarlle o dente. Trátase duns lugares con carteis luminosos e todos cheos de estanteirías, e moi preto das vosas casas, son hábitats ós que chamamos froiteirías, ás veces son hábitats mixtos e daquela chamámoslles supermercados... e alí podemos encontrar unha variedade que realmente pode chamarnos a atención, ata trufas!!

Deixámosvos algunhas das especies que podedes atopar nestes Oasis, a foto de abaixo pertence a unha recollida de Pleurotus eryngii De Candolle.:Fries) Quélet.(un regalo feito á nosa presidenta, polo que non podemos decirvos a localización exacta do hábitat)

E á dereita uns exemplares da famosa seta de ostra, ou Pleurotus ostreatus (Jacq.) P. Kumm. , moi abundante en calquera hábitat, micorriza, estanteirías, caixas da froita, bandexas de pvc, botes de cristal e ata latas!!!

Non nos digades que non volo poñemos fácil,... o que non atope cogomelos con estas nosas recomendacións non ten disculpa que vala.

De Pleurotus eryngii comprados


Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-03-2011 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 moi bo!!!!eso son re#blgtk08#comendacions....jaja
Comentario por bolboreta (22-03-2011 22:25)
2 A algúns dos que esquilman os montes haberíaos que enviar a un destes oasis micolóxicos a ver se se lles pasaba a febre de "¿e ésta cómese?, ¿e ésta#blgtk08# cómese?, ¿e ésta cómese?, ¿é esta?, ¿é esta?"

Hala bonito, busca entre as estanterías e tranquilo que aquí... cómense todas!! jajaja
Comentario por Jose (22-03-2011 23:41)
3 De verdade que chama a atención a cantidade de productos que se poden encontrar hoxe en día no supermercado. Debaixo da casa de meus pais hai un Eroski (q#blgtk08#ue tampouco é que sexa moi grande) e hai trufas, níscalos, variados de setas que deben vir de china, aceites con aromas de trufa,... en fin unha pasada...
Comentario por maria (23-03-2011 19:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0