Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Recomendacións de recolleita para a Exposición
Este domingo vai ter lugar a Exposición micolóxica da Asociación Micolóxica Sendeiriña. Á hora de saír o monte dende Sendeiriña sempre pretendemos concienciar a todos, de que a mellor fórmula é a do respecto e o coidado medioambiental. Unha conducta irrespetuosa co medio perxudica non só ó noso entorno senón amén a nós mesmos: "Pan para hoxe, fame para mañá"

Con motivo da Exposición, moitos socios, socias e amigos/as da asociación sairán o monte para axudarnos a ter un número importante de especies, e por iso, nos gustaría facer unhas pequenas recomendacións para que o noso entorno non se vexa prexudicado.

RECOMENDACIÓNS RECOLLIDA DE COGOMELOS PARA A EXPOSICIÓN:
1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.

2.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras.

3.- Collerase so un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.

4.- Evitaranse aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Estes mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica.

5.- O criterio é que deben ser exemplares que presenten as características típicas para unha fácil identificación. A exposición pretende ser un espazo didáctico e se os cogomelos non son representativos da especie non servirá de moito.

6.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.

7.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.


Aproveitamos para deixarvos unha foto dunha especie que encontramos esta semana e que temos sen identificar por se alguén pode darnos algunha pista.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2010 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Sorte coa exposición. O cogomelo te#blgtk08#n pinta de Ganoderma. Unha aperta.
Comentario por Oscar (27-10-2010 22:20)
2 Moitas grazas. Hábía outros no mesmo sitio xa moi pasados que tiñan pe lateral polo q#blgtk08#ue fainos pensar que pode tratarse de Ganoderma lucidum, pero non temos seguridade...
Comentario por María (28-10-2010 11:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0